Os alumnos e alumnas de 2º ESO estiveron traballar arreo e xa comezan recoller os froitos do seu facer!
Tras traballar o tema dos materias en Tecnoloxía, detivémonos nun deles: o coltan. Tardou en chegar este momento xa que queriamos purrar da campaña «Mobilízate pola Selva», na que está a participar a Escola, para poder aportar o noso gran de area. E para iso, ideamos e deseñamos, por grupos, diferentes campañas que nos servisen para informar, concienciar e animar a participar á poboación (dentro e fóra da Escola) nesta interesante e relevante acción.
Moitos dos rapaces puideron comprobar que en xeral hai un grande descoñecemento sobre o que hai detrás da explotación do coltan; mineral do que hai grande demanda, por parte dos países máis desenvoltos, ao empregarse en moitos dos nosos aparellos electrónicos.
Inda que somos nós os principais beneficiarios do emprego deste mineral, a súa extracción realízase principalmente na R.D. do Congo; país onde, por falta de control e regulación na súa explotación, se desenvolven importantes conflictos, tanto sociais como ambientais.
Para poder ser consumidores responsables é fundamental estar informados, e por iso @s nos@s alumn@s empregaron a súa creatividade e os recursos que tiñan ao seu alcance para axudarnos a ser, se cabe, un pouco máis críticos e responsables co mundo do que formamos parte.
A continuación algunhas mostras da grande riqueza e diversidade de formatos que empregaron @s nos@s cativ@s para alzar a súa voz nesta campaña! E seica non hai como ofrecer un espazo no que empregar a imaxinación, e desenvolver a creatividade «non adormecida» dos rapaces, para recoller semellantes froitos! Velaí vai unha mostra do potencial d@s nos@s alumn@s:
Tríptico informativo, por Andrea Fernández, Alejandra Álvarez, Jimena Dominguez e Laura Pérez (2º B):
TRÍPTICO (pinchar sobre a palabra)
PANCARTAS, por Alexandra Arias, Asun Lloves, Iria Maquieira e Laura Isasi de 2ºB (ubicadas no «Recanto das Ciencias», na entrada da Escola, xunto á caixa para a recollida de móbiles en desuso) :
VÍDEO, por Alba Gómez, Ana Pachón, Carmen Cavada e Clara Villamor (2ºB):
BLOG!, por Ana Domínguez, Antía Calvo, María Ramos, Paula Cameselle e Pedro García-Trejo de 2ºA (pinchar no seguinte enlace):
http://rosaliacocoltan.blogspot.com.es/
PRESENTACIÓN, por Fabio Bernárdez, Javi López Roselló, Jorge Fuego, Pablo Martíns Tuche e Yago Rodríguez (2ºA):
Coltan_Presentación.pptx (pinchar sobre o texto)
coltan_presentación (en pdf)
* Que vos parecen os traballos d@s vos@s compañeir@s? Xa sabedes, podedes comentarlles algo!