A pasada semana completamos a nosa experiencia dentro do proxecto “Farmacia Natural” cunha magnífica charla sobre fitoterapia impartida por unha das nosas nais, Almudena Rivas (farmacéutica).
Xunto con ela viaxamos, empregando unha máquina do tempo, polas diversas culturas que cultivaron o estudo das propiedades medicinais de diversas plantas así como o seu uso: dende os exipcios até os tempos modernos.
Ademais de viaxar ao través do tempo, tamén puidemos observar ben de cerca e tocar diferentes útiles, como os albarelos onde se gardaban as plantas, os morteiros onde se machucaban ou os alambiques onde se destilaban. Pero non só quedou niso, tamén traballamos o olfacto: ulimos varios recipientes con macela, anís estrelado, anís verde, estevia, valeriana, etc… E esta última non deixou a ninguén indiferente, que intensa se volveu de súpeto a atmosfera!
Foi unha bela experiencia para todos nós: grazas Almudena!
Por este ano xa pechamos a nosa farmacia particular. Na Escola xa vai demasiada calor , así que é tempo de que as plantas viaxen aos fogares dos seus pequenos pais e nais adoptiv@s para continuar cos seus coidados. Bo traballo, rapaces!
En breves, saíran á luz os documentais realizados pol@s nos@s alumn@s sobre a historia e propiedades medicinais das 23 especies traballadas.
Foi un pracer compartir a experiencia cos nenos de 1º da ESO e chegar á conclusión de que a fitoterapia ten futuro. Moitísimas grazas ós rapaces, á profe Iria e á Escola!!!
Grazas a ti, Almudena, por compartir connosco o teu tempo e coñecementos.
Almudena! Moitas grazas. Foi un pracer escoitar todos os teus coñecementos sobre a fitoterapia, que en verdade, é outro mundo. Grazas por todo o esforzo feito nas nosas clases, por intentar e conseguir que participaramos e tamén por levarnos as plantas para podelas ulir e ver mellor e de outra maneira o incrible que é a natureza. De verdade, moitas grazas!
Moitas grazas Almudena, impresionoume a túa presentación e os teus coñecementos sobre a fitoterapía. Foi un pracer contar contigo.
Moitos besos.
Grazas a todos! Unha experiencia estupenda!
Pareceume unha charla moi interesante con cousas sorprendentes e encantoume a túa forma de expoñelo e contarnos a historia da máquina do tempo. Explicabalo coma se fose un conto cheo de coñecementos importantes que ocorreron na historia hai tempo. Tamén me gustaron os usos medicinais e como os utilizaban antigamente. Tiñan uns costumes…
Grazas por compartir os teus coñecementos da fitoterapia connosco. Grazas polo esforzo realizado.
Moitísimas grazas Almudena.
Quedei con ganas de saber máis!!!
Biquiñoss
Grazas Erín! A min tamén me encantou a vosa participación! Axudáchedes moito a que fose un rato proveitoso e entretido tamén para min. O mellor é que ficaras con ganas de saber máis!
Grazas Almudena! Encantoume a charla que nos deches, espero que como nos dixeches, a fitoterapia teña futuro. Espero que volvamos a verte.
Moitísimos bicos.
Aldara