A inquietude e voluntariedade dos nos@s alumn@s non ten freo nin parangón! Así que…por que non ofrecerlles a oportunidade de crear, desenvolverse nas súas diversas facetas, máis aló das paredes da aula? A Escola representa un tempo e espazo idóneos para a autorrealización, onde @s nos@s alumn@s deben ser os máximos protagonistas. E é por iso que nace este novo proxecto, que desexamos teña continuidade nos vindeiros cursos.
Historia dun novo nacemento: como xorden as patrullas científicas?
Tras traballar en 2º ESO a problemática medioambiental xerada polo aumento no consumo de plásticos e a falta de concienciación respecto ao seu reciclado (https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/02/27/out-to-sea-ou-a-viaxe-dos-plasticos), moitos alumnos amosáronse preocupados e altamente sensibilizados pola deteriorada situación…
“e que podemos facer nós para mellorar isto?! Pois podemos contar o que agora sabemos, informar; axudar a que outras persoas se sensibilicen e desenvolvan unha maior preocupación co gallo de trocar os malos hábitos”
Así é como comeza a xermolar a idea de crear un grupo voluntario que poida dar unha charla a outros compañeiros da Escola. E así foi. Velaquí os altruístas colaboradores:
Este traballo segue en marcha; pero de xeito paralelo xurdiu outro grupo, aficcionado aos paxaros, que se ofreceu voluntario para realizar as fichas identificativas das 4 especies que actualmente temos na Escola.
- Patrulla «Aves» (2º ESO A e B e 6º Primaria)
- Aproveitando os recreos!
- Aves en acción
- Traballo rematado!
Fixeron un excelente traballo que xa loce na paxareira, pero para os que inda non o víchedes, velaquí queda:
Neste grupo participaron alumn@s de Primaria e Secundaria, sendo este outro dos obxectivos dos grupos de traballo voluntario: que os alumnos de diferentes etapas colaboren entre si e aprendan dende a diversidade e respecto mutuos. Sen lugar a dúbidas, entre todos seguimos construíndo a Escola.