As patrullas verdes, integradas por nenas e nenos de 6º de primaria e 2º da ESO, son unha iniciativa voluntaria que naceu para encher un espazo que consideramos moi necesario na nosa escola. Precisamos fomentar a creatividade do noso alumnado, a súa inquedanza, as ganas de aprender, de traballar en equipo e tamén de poder transmitir que unha boa parte das problematicas ás que nos enfrontamos cada día son responsabilidade colectiva e por tanto a súa transformación depende de todas e todos nós.
Os grupos de 5º de primaria tivemos a sorte de presenciar unha excelente exposición a cargo da patrulla verde encargada de concienciar sobre a problemática dos plásticos. (2º da ESO)
Con esta interesante charla demos por concluído o traballo de medio ambiente de Natural Science do curso 2014/2015, pero tamén serviu para tratar un tema moi importante na última sesión da materia de Valores Sociais.
A patrulla verde de 2º da ESO fixo a súa parte e sen dúbida deixou o listón moi alto. Agora ficamos á espera das non menos boas aportacións de 5º de primaria sobre a experiencia; o que máis vos impresionou, o que vos pareceu mais curioso, o que considerades mais importante… Comentade!
Parabéns de novo polo bo traballo, o entusiasmo e o compromiso que amosades sempre coa educación ambiental. O próximo curso máis e mellor.
Longa vida ás patrullas verdes!
Galería E. Curie:
Galería Maria Montessori:
Longa vida!
Estou moi orgullosa destes rapaces, da súa boa e altruísta iniciativa e excelente traballo con ambos grupos de Primaria! De seguro os compañeiros aprenderon e se sensibilizaron un pouquiño máis con este problema, así que obxectivo acadado!
As profes tamén disfrutamos moito da vosa charla. Ben feito!
Grazas
Foi un pracer facer esta actividade cos nenos de primaria (que se portaron moi ben) e así conciencialos máis. Una boa experiencia a de facer de profesor por un día! Boa entrada!