A quen interese: este domingo haberá unha nova andaina pola protección da serra do Galiñeiro, espazo de interese arqueolóxico e natural afectado dende vai un tempo por proxectos relacionados coa minaría (extracción de determinados minerais, como o coñecido coltan empregado nas novas tecnoloxías) e construción dun parque eólico.