Hoxe gozamos dunha agradable mañá na contorna da Universidade, da man dos guías da Oficina de Medio Ambiente Álex e Santi.
Xunto con eles percorremos este espazo natural, interpretando aquilo que nos rodeaba.
Atravesamos varios hábitats (mato, piñeiral, devesa, lagoa, etc) valorando a súa función e riqueza biolóxica, analizamos algúns problemas de impacto ambiental e, entre outras cousas, recordamos a importancia da conservación da biodiversidade propia para preservar un equilibrio ecosistémico natural.
Faláronnos, por exemplo, sobre os problemas que están a ter con algunhas especies invasoras (acacia, visón americano, cangrexo americano…), as cales, ao non atoparse no seu medio habitual, proliferan de xeito descontrolado debido á ausencia de depredadores naturais. A competencia que establecen coas especies autóctonas xera un desequilibrio de negativas repercusións.
Tamén aproveitamos para pórnos en acción e identificar diferentes especies vexetais, arbustivas e arbóreas, empregando as claves dicotómicas que aprendemos a utilizar o curso pasado! Case todos conseguiron identificar especies como o acivro, capudre, pradairo, bidueiro, estripeiro, salgueiro, etc.
Ben feito, rapaces! E moitas grazas aos nosos guías.
Agora tócavos a vós: que aprendizaxe/vivencia resaltariades da saída de hoxe? Non deixedes de compartir a vosa experiencia!
A min gustoume moito a saída, xa que aprendín moitas cousas. Conseguín averiguar os nomes dalgunhas árbores novas, como o capudre, grazas ás claves dicotómicas. Tamén vimos pegadas de visón americano no chan á beira da lagoa e trampas que empregaban para capturar os cangrexos americanos. Os nosos monitores Alex e Santi explicáronnos moitas cousas de interese. Á vez, foi outra actividade de grupo, xa que traballamos por parellas. En resumo paseino moi ben! Moitas grazas.
A saída pareceume moi interesante xa que nos serviu para repasar o que aprendimos o curso pasado.
Destacaría a identificación das árbores mediante as claves dicotómicas. É moi divertido!!
A min gustoume moito porque aprendín moitas cousas. Os monitores (Santi e Alex) fixéronnos pasar un bo rato porque inda que aprendimos moitas cousas non resultou nada pesado xa que sabían explicalo todo moi beeen.
Ben Carla,
e que aprendizaxe resaltarías?
Encantoume a saída, pero eu resaltaría o momento no que nos paramos a falar do que facían as árbores para evitar ter as avespas neles.
Pero a saída fíxoseme cortísima, encantaríame que forá un pouco máis longa.
Falas dos bugallos, verdade Aldara?
Si, é unha reacción moi curiosa que teñen as árbores para «protexerse» cando algúns insectos, como as avespas, poñen os ovos nos seus tecidos.
A min gustoume moito a saída.
A aprendizaxe que eu resaltaría é o da repoboación do bosque porque non o sabía e sempre está ben aprender cousas novas. Espero que as demais sexan así.
A min gustoume moito a saída porque os nosos monitores (Alex e Santi) explicaban todo moi ben. Alex era moi divertido e bromista.
Pareceume moi boa a explicación que deron sobre o impacto medioambiental, os bugallos e a importancia dos matorrais.
A saída pareceume moi interesante xa que aprendin moitas cousas que non sabía. Alex e Santi fixeron a saída amena. Na actividade que realizamos coas claves dicotómicas aprendin árbores que non coñecía como o capudre. Paseino xenial!!
Encantoume a saída, sobre todo cando aprendimos o que eran as claves dicotómicas e puidemos averiguar tantos nomes de árbores e saber indentificalas. Ademais os monitores explicáronnolo moi ben.
A saída impresionoume bastante,non tiña nin idea dos bugallos e o guía explicounos moi ben. A saída perfecta
Gustome moito a saída porque os monitores explicáronnos moi ben o impacto medioambiental que fai o home sobre os ecosistemas.
Pareceume curioso que nas estradashaxa matos para evitar que os animais morran arrollados.
A min gustoume a saída, xa que, entre outras cousas, aprendimos a importancia do toxo, que adoita ser unha planta mal apreciada pola xente, cando en verdade sucede todo o contrario, o medio ambiente necesítaa.🌳
Eu destacaría da saída as claves dicotómicas, xa que foi o máis divertido. Aínda así tamén me gustou a explicación sobre o «impacto medioambiental». Ao principio parecíame unha saída aburrida, pero pouco a pouco engancheime ás explicacións de Santi e Alex.
Serviunos para coñecer novas especies vexetais e curiosidades do Campus.
Chamoume a atención o refuxio no que había pedras para que os anfibios non pasaran frío en inverno, ademais isto protéxelles dos depredadores.
Moi boa saída!
A min a saída gustoume moito e non se fixo pesada debido ás espléndidas explicacións que deron Alex e Santi.
Aprendín cousas novas como os nomes dalgunhas especies invasoras (cangrexo americano, acacias…) E tamén puidemos averiguar algunhas especies arbóreas (capudre, acivro…)
En resumo esta saída estivo moi ben planificada.
A min gustoume moito a saída . O que máis me impactou foi o da estrada, que era moi prexudicial para o ecosistema do parque. E me pareceu moi curioso o da barreira natural que facían as árbores para que os ruidos e as luces non afectaran tanto ao parque e aos seus animais
A saída foi moi interesante, aínda que facía moita calor e dixéronnos que viñéramos abrigados…
Os monitores eran moi simpáticos e estaban enterados do tema. Faláronnos dos ecosistemas que había, as especies invasoras e como a construcción do campus afectou a toda a zona obligando as especies a adaptarse. Resaltaría o aprendizaxe dos nomes das características coas que se clasifican ás follas na clave dicotómica (se son lobuladas ou compostas ou teñen a marxe espiñenta…), como se forman os bugallos e os nomes de algunhas árbores
En resumo, todo moi divertido 🙂
Non te enfades, Álvaro 😉
Até os guías estaban sorprendidos da calor que ía… é mellor prevenir que lamentar!
A min a saída gustoume moito xa que cunha saída aprendes moitas cousas, e dunha forma moito máis divertida. Gustoume moito tamén a experiencia de investigar todas as árbores coa clave dicotómica e compartir a túa opinión e axuda cun compañeiro. Os guías foron moi pacientes e moi amables con nosco . Repetiria esta saída perfectamente. un saúdo
A min gustoume moito a saída porque aprendimos hábitats da natureza q non sabiamos e estan aí presentes.Tamén aprendimos as diferentes especies de árbores e arbustos que hai por todo o campus (mato,piñeiro,capudre, etc).Tamén apredín as diferentes consecuencias no medio nas cousas q facemos e destruímos a biodiversidade. En definitiva gustoume moito e apoio que se fagan máis saídas.
Eu resaltaría da viaxe os contidos aprendidos sorbre o impacto ambiental que xerou o home: a tala masiva de árbores para obter recursos, os postos de electricidade, as estradas, a contaminación que afecta a fauna e flora nos bosques ou os problemas que xeran as especies invasoras nos bosques de todo o mundo.
Paseino moi ben, porque tamén traballamos e compartimos tempo na natureza todos xuntos.
Gustoume moito a saída. O que máis me gustou foron os cangrexos do río (os invasores) e tamén chamoume moito a atención o que facían as árbores cando lles picaba unha avespa. Espero que haxa moitas máis saídas como esta.
Pareceume unha saída moi curiosa e divertida. Os monitores (Alex e Santi)explicáronnos moi ben todo e o fixeron moi entretido.
O que máis me sorprendeu foi o prexudicial que é a estrada, non tiña ningunha idea, e sorprendeume como contrarrestaron iso.
O das claves dicotómicas foi o máis divertido e gustoume aprender novas plantas.
En xeral,unha saída moi boa 👌
Nesta saída coñecimos a fauna e a flora do campus da Universidade. O que maís me gustou foi a actividade das claves dicotómicas, xa que me permitiu saber a clase de árbore da que se trataba. Foi unha saída moi amena e interesante.
A verdade é que a saída gustoume moito. Foi xenial ir polo monte mentres os monitores, Santi e Alex, explicábanche todo o que estabas a ver.
Eu como aprendizaxe resaltaría o que nos dixo Santi sobre que alí, fai uns anos, había varias mámoas, pero que pola construción da Universidade destruíronse case todas. Pareceume triste e interesante á vez.
A min me gustou moito a saída porque aprendimos moitas cousas que antes non sabía pero o que máis me gustou foron as claves dicotómicas xa que foi unha actividade interesantesante e divertida.
A saída foi moi entretenida e aprendín moitas cousas sobre as árbores e as plantas. O que máis me gustou foi poder identificar as árbores utilizando a clave dicotómica. É moi interesante identificar as especies vexetais en función das súas características.
Eu resaltaría o que nos explicaron sobre as especies dos animais invasoras, o visón americano e o cangrexo americano, porque cría que só habia especies invasoras vexetais.
A min a saída pareceume xenial, paseimo moi ben e como fixo bo tempo puidemos disfrutar do camino sen présa. Chamoume moito a atención o dos cangrexos americanos e as pegadas do visón preto do río. A aprendizaxe que me gustaría resaltar é a das claves dicotómicas por parellas porque era moi interesante.
Me gustó bastante la salida ya que no se hizo muy pesada porque los monitores Santi y Alex sabían explicar fluídamente,también pude ver los árboles q aparecían en la clave dicotómica y poder tocar las hojas, olerlas, etc.
A min gustoume moito a saída e os monitores sabían moito do tema polo que puidemos aprender moito das súas explicacións. O que máis me chamou a atención foron os bugallos porque nin sequera escoitara falar deles e impresionáronme moito.Tamén me gustou bastante facer as claves dicotómicas.
A min encantoume a saída. O que máis disfrutei foi o exercicio das claves dicotómicas e impactoume moito o número de especies que hai no CUVI.
Tamén me gustou saber que podemos identificar que animal comeu unha piña só pola forma na que está.
A saída gustoume moito xa que aprendín moitas cousas novas! Encantoume a actividade do final, foi moi interesante xa que vin especies de árbores nas que nunca me fixara e tamén aprendín o dos bugallos, que non tiña nin idea! Foi unha magnífica experiencia.
Para ser a primeira saída do cuso, coma dixeron os meus compañeros, foi moi interesante, divertida e entretida. A min me encanta a natureza así que como non me ía quedar satisfeita! Tivemos sorte dos guías. Unha cousa interesante que resaltaría é que vimos un cogomelo moi coñecido (o típico vermello con puntos brancos). Non me vou a enrolar máis…Saída de 10!
A min gustoume moito a saída, xa que para repasar todo o que dimos o curso pasado é mellor estar nun entorno similar ao estudado. Aprendín moito de outras árbores que non coñecía grazas ás claves dicotómicas e aos coñecementos dos nosos monitores Álex e Santi.
O que máis me gustou da saída foi cando fumos ás lagoas e explicaron os distintos animais invasores que vivían na zona como o visón americano e o cangrexo americano.
A saída foi estupenda.
Estivemos con Alex e estivemos vendo e falando sobre os bugallos e encontrei un bugallo siamés. Ademais puiden ver algún que outro sapo.
Gustoume moito a saída pero encantoume averiguar árbores coas claves dicotómicas.
Foi moi divertido
A min gustoume bastante a saída, pero o que destacaría sería o dos impactos ambientais xa que me pareceu bastante interesante.
Pareceume unha saída moi bonita da que aprendín moito de arbóres e tamén de animais e eu destaco o das claves dicotómicas por que ademais de aprender pareceume moi divertido. Gustoume moitisimo 🌲🌸
A min gustoume moito a saída, o que máis foi cando traballamos coas claves dicotómicas, aprendín moitas árbores que antes non coñecía.
A mim pareceume moi interesante e entretida xa que vimos cousas moi interesantes e tamen porque os monitores explicaron moi ben.