Xa temos caldeiros de cores para reciclar en todas as aulas de Educación Infantil.
- O azul é para o papel
- O amarelo é para plásticos, papel de aluminio, iogures…
- e o verde é para restos das merendas, follas, herba…
No cole temos no aparcadoiro un contenedor grande azul onde metemos cartóns, papeis…
Todavía non temos o amarelo.
Pero si temos tres composteiros onde estamos a facer fertilizante para a nosa horta, árbores, etc.
Os caldeiros verdes baléiranse nun mais grande tamén verde.
E éste recólleno os luns, mércores e venres para levaren ao composteiro xunto a horta ou ao vermicomposteiro. Case sempre veñen rapaces/as da ESO, pero as veces tamén van de Educación Infantil.
Os martes e xoves, bótase no composteiro rotativo que temos no patio de Ed. Infantil
Calculamos que se están a reciclar entre 150 e 200 kilogramos de lixo orgánico na escola. Mirade como medraron as luffas gracias ao noso compost.