España está a participar no proxecto da Axencia Espacial Europea «CHEOPS» (CHaracterizing ExOPlanet Satellite) coa elaboración do satélite que será posto en órbita cara decembro do 2017. Como o seu acrónimo indica, o satélite ten por finalidade a busca e análise de exoplanetas, é dicir, planetas pertencentes a sistemas estelares distintos do noso.
O satélite CHEOPS permitirá estudar os “tránsitos planetarios”, é dicir, a breve diminución do brillo da estrela dun sistema cando o planeta que a orbita cruza a nosa liña de visión. Como resultado destas observacións poderase identificar aos planetas e caracterizalos en función do seu tamaño, densidade, tipo de superficie, etc.
Co gallo de achegar este proxecto aos máis pequenos, a Axencia Espacial Europea ofreceu, a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, a oportunidade de realizar un debuxo sobre o tema. De entre todos os debuxos realizados por nen@s españois, 250 serán seleccionados e gravados, en miniatura, na placa que irá adherida á sonda que viaxará ao espazo.
Parabéns aos nos@s participantes e moita sorte nesta aventura espacial.