11 de febreiro: día internacional das mulleres e das nenas na ciencia – – Emma Pontevedra García (6º Álvaro Cunqueiro)

Polo seu interese e relevancia reproducimos unha reflexión de Emma Pontevedra García, alumna de 6º Álvaro Cunqueiro. Esta tarefa está incluída no especial «Febreiro crítico» da materia de Lingua Galega. Esperamos que vos guste!

lab

imaxe de novembro 2014

11 de febreiro: día internacional das mulleres e das nenas na ciencia

Por primeira vez na historia celébrase este día, aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o pasado 15 de decembro de 2015.

Falando das mulleres:

Eu creo que se conmemora porque dende hai moitos anos os homes levan o mérito de todo, mesmo cando as mulleres eran as que descubrían as cousas, escribían as cancións, etc.

Falando da ciencia:

Antigamente ás universidades conseguían acceder moi poucas mulleres ou ningunha. Isto acontecía porque se supoñía que as mulleres tiñan que estar na casa coidado dos fillos, limpándoa… e non se lles permitía ou non estaba ben visto que traballasen fora.

A min paréceme moi ben que se celebre este día porque as mulleres témolo ben merecido! E ademais porque neste día tamén podemos lembrar todas e cada unha das mulleres que se esforzaron moito para conseguir algo sen ter un recoñecemento explícito.

Falando das nenas:

Na actualidade as nenas teñen moita confianza en si mesmas, pero pronto será anulada, debido a que só queren que aparezan homes nos libros, invisibilizando o importante labor das mulleres.

Celebremos este día e defendamos a loita contra o machismo e a discriminación, garantindo a plena igualdade de oportunidades das nenas a ser tidas en conta neste e noutros ámbitos da sociedade.

Emma Pontevedra García