O papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía – Diego Melús Caneda (6º A. Cunqueiro)

27b937142ba7fa07ce380b50ac535e53

O papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía non é moi importante porque durante anos o que se cría era que as mulleres só servían para cociñar e limpar a casa. Ademais os homes non lles axudaban aínda que estiveran sen facer nada na casa, porque pensaban que esas eran tarefas só para mulleres.

Por iso, as mulleres non podían nin estudar, nin investigar nin escribir libros. Algunhas mesmo tiveron que disfrazarse de home para poder estudar.

Tamén houbo algunhas mulleres importantes como Rosalía de Castro, que puido facer o que quería porque o seu home a entendía. O mesmo aconteceu con Marie Curie.

Nos últimos anos isto cambiou, pero non podemos esquecer que os homes e as mulleres somos iguais e debemos ter as mesmas oportunidades.