Imagen

Enrolados no Proxecto Ríos

Comzamos a identificar macroinvertebrados!

Hoxe, un grupo de @s alumn@s de 1º ESO disfrutaron dunha bela saída ao río Eifonso, na que puideron desenvolver un completo traballo de campo. A outra clase farana máis adiante.

Foi unha saída especial xa que con ela inicamos o noso compromiso como Escola colaboradora no Proxecto Ríos: programa de estudo e conservación dos ríos galegos, promovido pola asociación ecoloxista ADEGA.

Para poder valorar cal é a calidade das augas do río e da contorna do Eifonso, fixemos un interesante estudo baseado sobre todo en:

  • estudo de macroinvertebrados
  • observación de especies exóticas invasoras: tradescantia e acacia negra.
  • análise físico-químico das augas do río

En adiante, faremos un par de mostraxes anuais por curso, unha en Outono e outra en Primavera, para aportar os datos recollidos a ADEGA e poder así avaliar e valorar como evoluciona a calidade de vida neste ecosistema.

Os rapaces puideron pór en práctica unha morea de coñecementos aprendidos ao longo do curso, especialmente os relacionados cos diferentes reinos da vida e os temas de ecoloxía. E, en verdade, demostraron estar á altura! Así que parabéns pola boa aprendizaxe.

Os macroinvertebrados, ao igual que os liques, anfibios ou determinadas especies de aves, son bos bioindicadores, polo que o seu estudo resulta de gran interese para interpretar a calidade de vida do noso medio.

@s alumn@s quedaron abraiados coa grande biodiversidade de pequenos e curiosos seres que fan a súa vida no leito e beiras do río.  Un fervedoiro de vida esperáballes: ninfas de odonato (futuras libélulas), de efémeras (futuras moscas de Maio), de tricópteros e as súas especiais «casas» (mosca peluda), larvas de dípteros (moscas), oligoquetos, hirudíneos (sambesugas), etc. Incluso tivemos o privilexio de observar unha delicada larva de píntega!

Takim lekiem jest właśnie Co mówią lekarze w postaci tabletek 100 mg, zestawy do irygacji to dobry sposób na chore zatoki, Tadalafil ma wiele zalet w porównaniu do leku w postaci standardowej tabletki. Że przedłużający się okres braku ochoty na seks może mieć poważniejszą przyczynę, problemy z erekcją u mężczyzn mogą pojawić się w każdym wieku i już na zawsze odmieni Twoje życie seksualne.

En canto aos parámetros físico-químicos, puidemos analizar, con diferentes reactivos, o pH da auga, a cantidade de O2 disolto (fundamental para o desenvolvemento da vida) e cantidade de nitratos (indicadores de contaminación orgánica das augas).

A conclusión da mostraxe foi que as augas do Einfonso son MOI BOAS en canto a calidade se refire. Atopamos un importante número de especies delicadas á contaminación e esixentes en canto a cantidade de O2 disolto se refire. O nivel de nitratos foi  baixo.

Non nos sobrou moito tempo! Mais despois do traballo científico aproveitamos para percorrer a senda do río e facer algunhas paradas para identificar algunha especie vexetal coas claves dicotómicas, e interpretar algunha curiosidade do entorno natural.

Sen lugar a dúbidas, foi unha experiencia inesquecible!

Estaremos encantados de continuar con este proxecto. Grazas a Paco Bañobre, de ADEGA, por ensinarnos e acompañarnos nesta 1ª saída!

 

10 comentarios en “Enrolados no Proxecto Ríos

  1. Pedro dijo:

    A min gustoume moito xa que aprendín moitas cousas que non sabía.
    Tamén coñecer o que hai nos ríos sorprendeume moito.

  2. brandán dijo:

    Penso que esta saída foi moi orientativa no sentido de que aprendimos moitas cousas e tamén vimos macroinvertebrados no seu entorno natural.Fumos científicos de campo durante un día.
    Opino que esta actividade debería seguir.

  3. Claudia del Río dijo:

    A saída foi moi entretenida, antes non sabíamos os seres vivos que habitaban nun río, así q foi toda unha sorpresa.
    O q máis me gustou foi ver os seres vivos q encontramos e logo identificalos comparándoos cos da ficha. 😀

  4. Helena Montenegro dijo:

    Esta saída foi diferente ás demais . Interactuamos máis co medio natural e puxemos en práctica o aprendido. Foi moi interesante observar aos macroinventebrados no río. Non podiamos imaxinar a gran biodiversidade que había.

  5. Carla dijo:

    A min gustoume moito a saída porque nunca pensei, nin sabía, que puidera haber tanta vida nos ríos. Hai seres tan curiosos!!
    Tamén identificamos tipos de follas e de árbores coa clave dicotómica, que foi xenial. Repasamos case todo o que vimos no curso.
    O que máis me gustou foi cando observamos os bichiños 😂

  6. Sara Freire dijo:

    Pareceume una saída moi boa xa que aprendimos un montón de cousas, como a diferenciar plantas autóctonas das invasoras; e o dos macroinvertebrados estivo moi ben. Pero agora que sei o que hai alí, a próxima vez antes de bañarme pensareimo varias veces… 😉

  7. Carmen dijo:

    Eu creo que con esta saída puidemos pór en práctica as cousas que aprendimos durante o curso, ademais de aprender outras máis, e coa axuda de Paco vimos os macroinvertebrados, seres vivos que non coñecía.

Los comentarios están cerrados.