Hoxe @s alumn@s de 1º ESO realizaron unha saída ao intermareal da costa de A Garda para analizar a biodiversidade e algo da xeomorfoloxía do lugar.
Para iso contamos coa axuda de Agustín de ANABAM, Asociación Naturalista do Baixo Miño: moitas grazas.
@s alumn@s disfrutaron doutra xornada de clase no medio natural!:
- Ciclos das mareas.
- Impactos medio-ambientais derivados da actividade humana: golfiño morto por enmallado.
- Uso de cetarias.
- Especies exóticas invasoras: uña de gato.
- Flora autóctona e de uso tradicional: pirixel de mar, herba de namorar…
- Xeomorfoloxía: seixos de gran antigüidade, xistos, granitos…
Como non pode ser doutro xeito, foi moi gratificante estar no medio natural, reforzando aprendizaxes e accedendo a novos coñecementos.