
Simplemente fluíndo. Tentando volver ao básico, á raíz. Sen máis pretensións que sentir, traballar en equipo e compartir, espertar os sentidos para aprender do que vemos, escoitamos ou tocamos… Agromar a curiosidade por aquilo que nos rodea e facernos preguntas e máis preguntas.
A Natureza é fonte de saber e aprendizaxe. Dela beben os libros. E a Ciencia conecta directamente coa curiosidade innata que posuímos, e coa capacidade que temos para analizar e deducir.
Hoxe vivimos unha luminosa xornada para levar a cabo a nosa primeira toma de contacto con este espazo natural do que tanto poderemos aprender e gozar. Nel traballaremos ao longo do curso, facendo todo o posible por analizalo, comprendelo e protexelo.
Queda iniciado o proxecto “Protexe o teu medio” no espazo natural da Ramallosa, pertencente á Rede Natura 2000 pola súa biodiversidade e valores ecolóxicos.
Cando chegamos á Ramallosa, tivemos que coller unhas bolsas equipadas con caixas, cabichómetros e tarxetas onde anotar as nosas dúbidas. Tiñamos que usar o cabichómetro para recoller as cabichas que estaban tiradas polo chan, xa que se esas cabichas caen á auga contaminan uns 10.000 litros da mesma.
Máis tarde, fomos buscar cousas que non soubésemos o que eran, é dicir, que non coñecésemos, para dar resposta ás dúbidas que nos xurdiran sobre elas, como, por exemplo, como se chaman, onde viven, que fan…
Tamén vimos que unha parte da praia á que fomos está protexida pola Unión Europea e ningunha maquinaria pode destruir ese ecosistema.
Ó final, puidemos levar algúns recordos para a nosa casa; en realidade, só aquelas cousas que colléramos no momento da investigación.
Pareceume unha saída interesante, porque aprendimos sobre ecosistemas doutras zonas, colaboramos un pouco na loita contra a contaminación do medio ambiente e descubrimos o nome de seres vivos que non coñecíamos.
Nesta saída á contorna natural da Ramallosa puidemos coñecer e interactuar cos marabillosos ecosistemas que temos aquí en Galicia. As profesoras propuxéronnos diferentes actividades como recoller as cabichas do chan, axudando así a limpar a natureza, ou escribir nuns papeis todas as dúbidas que nos xurdisen para despois poder resolvelas entre todos. A miña parte preferida da saída foi cando estivemos camiñando pola praia xa que alí aprendín moitas curiosidades sobre o reino das algas que xa estudáramos previamente e tamén sobre as cunchas das ostras, especies invasoras, etc. Ademais, tivemos un tempo de lecer neste marabilloso espazo para recargar forzas e falar cos nosos amigos.
Persoalmente, gustoume moito esta saída aínda que nalgúns momentos a dinámica ou actitude de grupo non fose a esperada. De todas formas repetiría esta experiencia sen pensalo xa que considero que aínda nos queda moito que descubrir sobre a nosa contorna e como coidar o medioambiente.
A saída ao espazo natural da Ramallosa foi unha bonita experiencia que nos axudou a contactar mellor coa natureza. Foi unha aprendizaxe marabillosa dado que nas dúas actividades que nos prepararon as profesoras aprendemos moito.
A miña parte favorita foi a segunda actividade, a de recoller tesouros da praia, xa que con todo o que collemos os diferentes grupos de compañeiros aprendemos moitas cousas desa praia. Esta experiencia non só me gustou por iso, se non que tamén me gustou a actividade na que recollemos cabichas mentres nos faciamos preguntas sobre o ecosistema para, máis adiante, buscar a explicación.
Si a repetiría porque foi unha saída moi divertida e interesante dados os motivos anteriores.
Os tres mellores aspectos desta saída foron:
1º: As explicacións sobre o ecosistema mentres faciamos as actividades.
2º: As actividades en si, porque foron moi interesantes e aprendemos moito sobre diferentes temas.
3º: A explicación sobre todo o que collemos na última actividade. Diría que esta foi a mellor, pero mentiría porque todas foron extraordinarias.
Na saída do espazo natural da Ramallosa fixemos diversas actividades que nos axudaron a comprender e conectar co medio que nos rodea.
A saída tivo moitos aspectos positivos.
Un deles é que tivemos a oportunidade de apreciar o aspecto que ten o exoesqueleto dun ourizo de mar(comprobamos que era moi fráxil, xa que caeu na area dura da beira do mar e rompeu). Tamén observamos unha especie de ave prehistórica que andaba por alí.
Unha das miñas actividades favoritas foi cando nos reunimos para ver a materia que colleran os nosos compañeiros na praia da Ladeira. Foi interesante xa que coñecimos a historia e o camiño polo que pasara a materia ata chegar alí.
Eu repetiría a experiencia porque, a pesar de que nalgúns momentos me agobiei por levar tantos vultos encima e por ter calor, paseino ben e gustaríame facer máis saídas parecidas.
Nesta saída puidemos conectar máis coa natureza, nun entorno con moita diversidade, o espazo natural da Ramallosa.
Aspectos positivos a destacar poderían ser o investigar sobre o que nos rodea (facerse preguntas, recoller obxectos interesantes do medio como restos de cunchas, algas, exoesqueletos de ourizos de mar… e ter a oportunidade de velos de cerca), poder estar en grupo cos nosos compañeiros (investigar e facerse preguntas en grupo, recoller obxectos e logo ensinalos ao grupo), e sobre todo estar nun espazo natural, neste caso nunha praia, pasando un bo rato cos nosos compañeiros.
Persoalmente gustoume moito a idea desta saída, aínda que haxa cousas que non saíron como o esperado, porque é algo novo que non se fai tódolos días. Tamén me gustou a parte onde merendamos, e puidemos falar e xogar un pouco. Eu repetiríaa por este tipo de cousas.
Cando chegamos á Ramallosa nos deron unhas bolsas que contiñan unhas bandexas e un cabichómetro, o cal nos ía servir para recoller cabichas que encontráramos polo chan xa que unha soa cabicha pode contaminar moitísima auga .
Despois fumos a unha praia e por grupos tivemos que buscar cousas, que non soubésemos o que eran, para logo compartilas con toda a clase e resolver as nosas dúbidas sobre elas.
Tamén se nos dixo que alí había unhas dunas que estaban protexidas para que non forman destruídas.
A miña parte favorita foi cando nos reunimos en grupo a resolver as dúbidas que tiñamos sobre aquelas cousas que recolleramos xa que aprendín moitas cousas que non sabía.
Eu repetiría esta saída porque ademais de facer as actividades que as profesoras prepararon, tivemos un tempo libre para merendar e falar cos compañeiros.
A expedición á Ramallosa estivo ben. A verdade é que o de recoller cabichas me fixo moita graza, pero cando nos explicaches porqué era, dinme conta de que no fondo é moi importante. E cando me dixeches que nos podiamos mollar os pés, levei unha gran alegría.
Pero á parte das cousas bonitas e graciosas, no fondo hai explicacións contundentes. Asemade, houbo algunhas cousas malas, como a organización do grupo, pero sexamos positivos! Se miraba para a dereita vía xente feliz, e se vía cara a esquerda tamén. Non se podía estar máis feliz!!!
A miña actividade preferida foi cando nos sentamos en un círculo (era máis unha pataca) e ensinamos as cousas que tiñamos na bandexa que nos destes, (ata no meu grupo collimos unha laranxa 2.0!!!)
Como en todos os comentarios que lin, creo que todos estamos de acordo en que cando volvamos a facer outra expedición como esta, é difícil que sexa mellor aínda que esta, porque esta estivo espectacular. Acábaseme de acordar que dentro duns meses volveremos a facer outra saída a Ramallosa. Estou esperando moi impaciente e cunha gran expectativa; e non vou a alongar máis o comentario que senón vos aburrides e non tedes ganas despois de escribir vós. 😋
A saída ao espazo natural de Ramallosa estivo moi ben xa que puidemos conectar máis coa natureza e nos paramos a fixarnos nas bonitas paisaxes que nos rodean.
Á saída póñolle un 8/10 xa que me gustou moito, pero o tempo non chegou de todo. Pero aínda que o tempo non chegase a repetiría, porque se pode volver a facer co tempo medido e así nos daría para facer máis cousas.
Para min os aspectos positivos foron que tivemos moita liberdade para descubrir y curiosear pola praia. Que descubrimos cousas que non sabíamos que eran, e que podemos ver calquera día que andemos pola praia. E que puidemos aprender cousas novas mentres que o pasabamos ben e nos divertiamos.
Por outra parte paréceme ben que co cabichómetro estivemos collendo cabichas, mentres que nos divertiamos, porque queríamos ver quen collía máis. Eu alucinei porque pensei que se non ía fixándome no chan non vería todas esas cabichas, e non só por iso se non tamén por que dixeches que no verán aínda había máis!
Esta saída ao espazo natural da Ramallosa estivo moi ben xa que contribuímos á limpeza do medio ambiente e descubrimos aspectos novos que non sabiamos da natureza. Eu poñeríalle un nove porque me gustaría non ir co tempo tan limitado e desfrutar máis das actividades.
O que máis me gustou foi recoller cabichas, coller cousas que nos parecían raras ou especiais na praia e por último facer actividades de aprendizaxe fóra da escola.
Tamén me gustou moito merendar e falar coas miñas amigas e os meus compañeiros.
Eu creo que tamén as profesoras fixeron un gran traballo porque nos ensinaron cousas novas.
Gustaríame repetir a saída porque inda nos quedan moitas cousas que aprender sobre a natureza.
A saída á Ramallosa parceume que estivo xenial , xa que puidemos disfrutar do marabilloso espazo que tiñamos presente.
As profesoras preparáronnos unhas actividades moi divertidas. Desta forma puidemos aprender a importancia de non contaminar os espazos naturais e observar os diferentes obxectos mariños que había na praia de Ladeira.
A miña actividade favorita foi a da praia porque alí puidemos aprender como se chamaba cada un dos obxectos que recollimos. Tamén me pareceu moi interesante a de recoller cabichas, xa que puidemosrecollelas para que deixen de contaminar ese espazo. Ao mesmo tempo que íamos anotando nunhas tarxetas preguntas sobre ese ecosistema.
Outra cousa que nunca fixemos e que me encautou foi unha parte da saída que fixemos en silencio para poder observar ben a natureza e escoitar todos os seus sons.
En resumo, pareceume unha bonita experiencia que sen dúbida repetiría 🙂
Saída ao espazo natural da Ramallosa para coñecer o seu ecosistema.
Cando chegamos, dividímonos en grupos e as profesoras entregaron a cada grupo unha bolsa cunhas bandexas, un cabichómetro e unhas follas para facer anotacións e dúbidas que xurdisen.
Collemos as cabichas do chan e a profe díxonos que cada unha contaminaba sobre 10.000 litros de auga. Así é como axudamos a limpar a natureza. Tamén soubemos que unha parte da praia estaba protexida como espazo natural pola Unión Europea, para conseguir que a vida animal e vexetal que había antes rexurdira. Paseando pola praia faláronnos das algas e vimos restos de cunchas e crustáceos, ademais dun paxaro de aspecto prehistórico que estaba alí. Repetiría a viaxe, porque nela aprendín algo sobre os distintos ecosistemas de Galicia; o dano que as colillas de cigarros fan á auga e sobre todo o que debemos coidar e protexer o medio ambiente. A natureza recompensaranos.
A saída gustoume moito polo ambiente e polo lugar onde estabamos. Unha das cousas que máis me gustou foi que puidemos meternos un pouquiño na auga da praia e así refrescarnos, aínda que esa auga estaba algo sucia e moi fría. Tamén foi divertida a parte na que nos deixaron tempo libre para merendar e pasear polo espazo xa que puidemos intercambiar os diferentes almorzos que trouxera cada un.
A saída a Ramallosa encantoume porque puidemos saír do colexio e coñecer unha zona de moito interese ecolóxico. Ademais tivemos sorte porque fixo un día asollado en pleno inverno, e isto permitiunos gozar moito máis das actividades e dedicar máis tempo a explorar.
Unha das cousas que fixemos ao chegar ao extremo da praia da Ladeira foi dividirnos en grupos para facer as actividades. Cada grupo tiña que recoller lixo do bosque da praia como cabichas, vidros , plásticos, etc.
Despois, cando chegamos a praia, fomos á beira do mar e collimos unha peneira para coar a auga e ver o que atopábamos.
O noso grupo atopou moitos esqueletos de ourizos de mar e diferentes tipos de cunchas e pedras bonitas.
Gustoume moito a praia porque é un lugar diferente aos demais, porque está situada ao lado da marisma que é onde se une o río có mar e é unha zona máis arenosa con plantas non moi altas e diferente fauna.
Eu repetiría a saída xa que me gustou moito e puidemos coñecer ecosistemas e axudar a súa limpeza.
Nesta saída puidemos estar máis en contacto coa natureza e tamén estivemos vendo cousas moi importantes. Á saída eu póñolle un 7/10 xa que foi un pouco aburrida porque a min non me gusta a natureza.
Para min os aspectos positivos foron que tivemos moita liberdade cando estivemos na praia. Tamén estivo guai coller co cabichómetro as cabichas, porque iso axuda ao medioambiente e á natureza porque contamina moito, e as aves que estaban alí se o comian pois pasaba algo malo para elas.
Cando dixeches que no verán había máis cabichas eu quedei alucinado porque encontramos moitísimas.
E tamén todas esas cousas que encontramos na praia eran alucinantes e bonitas.
O sitio donde fomos era un lugar para disfrutar. Eu xa estivera alí varias veces pero nunca me fixara en que alí había tantas cousas como esas.
En xeral estivo ben.
Tivemos una saída á contorna natural da Ramallosa. Gustoume moito poder desfrutar nela. Facía moitos meses que non estabamos toda a clase nunha actividade fóra da aula e iso fixo que fora aínda máis especial.
En xeral, desfrutei toda a mañá das diversas actividades que fixemos. Nunca recollera cabichas na praia e nunca fora tan consciente de toda a suciedade que xeramos, e do pouco que coidamos os espazos naturais. Gustoume tamén cando estivemos sentados en círculo falando sobre o que atopamos e encantoume a camiñata falando cos meus compañeiros. Repetiría sen pensalo dúas veces porque foi una experiencia marabillosa, interesante e produtiva. A nota é de un 10. Penso que estas saídas apórtannos máis coñecementos e recordos, que estudar soamente contidos.
Grazas por facer estas actividades e espero que ao longo do curso haxa máis.
A saída á Ramallosa foi unha maneira divertida de estar en contacto coa natureza e aprender cousas sobre esta. Gustoume bastante, podería repetir. O que non me gustou tanto, foi a duración da saída, xa que só tivemos catro horas.
Os meus momentos (e aprendizaxes) favoritos, a resaltar, da saída foron:
– A merenda. Na que pudimos estar pasándoo ben cos nosos compañeiros ao aire libre.
– O traballo de recolección na praia. Este consistiu en, durante o paseo pola praia, recoller as cousas que nos chamaran a atención para logo poder observalas de cerca e comentar coa clase o que eran.
– E unha aprendizaxe moi interesante foi o dato que nos deu a nosa profesora Iria. Este foi que tan só unha cabicha pode contaminar mil litros de auga!
Estas son as principais razóns polas que eu repetiría a saída.
Gustoume moito esta saída á Ramallosa porque fixemos un montón de cousas como preguntar cousas que non sabemos das marismas, recoller cabichas para que non cheguen á auga, xa que contaminan moitísimo, ou buscar os tesouros que alberga unha praia. Non teño dúbida algunha, repetiría.
A miña actividade favorita foi a de descubrir todo o que ten unha praia agochado na súa area, foi incrible a cantidade de cousas que atopamos!
Tamén me encantou que tivésemos tanto tempo para xogar e que limpásemos a zona de cabichas.
En resumo, pareceume unha saída moi bonita, pero creo que faltou un poco de tempo para non ter que estar mirando o reloxo.
Na saída ao espazo natural da Ramallosa puidemos conectar máis co medio.
Cando chegamos déronnos unha bolsa a cada grupo que contiña o seguinte:
Un cabichómetro, que utilizamos para unha actividade onde tiñamos que recoller as cabichas do chan. O aparato era moi simple, consistía nunha botella pequena cun papel pegado onde puña “CABICHÓMETRO”. Non era para nada difícil, camiñabamos e se viamos unha cabicha a recolliamos e a introduciamos no cabichómetro.
Tamén había unha bandexa e unha especie de coador alongado.Esta actividade fixémola na praia. Consistía en encontrar cousas que nos parecían interesantes e gardalas na bandexa. Despois reunímonos nun círculo e cada grupo daba a sua bandexa a Iria, ela comentaba os obxectos e explicábanos cousas moi interesantes de cada unha delas (só os máis interesantes).
Tamén, había un sobre con papeis onde podíamos deixar as preguntas que tivéramos ao longo da saída e que nos resultasen curiosas.
A min a saída gustoume moito en xeral, aínda que hai algúns aspectos que temos que mellorar.
Como foi a primeira saída que fixemos, xa que é un proxecto da Xunta de Galicia, houbo algúns problemas de organización, pero nada que non se poida mellorar ao longo do tempo. Tamén teño que dicir que o noso comportamento de grupo non foi o mellor, e que teriamos que ternos comportado mellor.
Un aspecto que me gustou moito foi a liberdade que tiñamos, pola praia, no camiño pola marisma… pero sen dúbida o que máis me gustou foi o tempo de merenda, como na maioria de saídas, xa que puiden estar coas miñas amigas, falar…
En resumo, a saída gustoume moito, e que puidésemos facer esta saída nova nós, foi xenial!
A saída ao Espazo Natural de Ramallosa gustoume moito porque puidemos descubrir cousas que nunca imaxináramos atopar e tamén puidemos familiarizarnos có entorno natural e desfutar de marabillosas vistas con paxaros fermosos, como as garzas.
Eu, a verdade, repetiría a saída e adicaríalle máis tempo a poder fixarnos nos pequenos detalles que poden pasar desapercibidos a simple vista pero que poden impresionar.
Encantoume a actividade das cabichas (que máis ben converteuse nunha competición) porque non imaxinaría que nun camiño tan pequeno e estreito coma aquel puidera haber tantas. Tamén me encantou a actividade da praia de ir recollendo todas as cousas que podiamos encontrar curiosas e fascinantes pero que ao fin do cabo eran cousas comúns nas zonas de costa, e ver as cousas que encontraron outros equipos que nunca imaxinarías ver.
Nesta saída aprendín que cando vas a dar un paseo, inda que sexa corto ou pareza aburrido, podes pasalo ben e contemplar o teu arredor para comprender que é algo privilexiado e que non todo o mundo pode velo todos os días.
A saída estivo moi ben. Ao comezar todos pensabamos que polo menos non teríamos que estar non colexio e por iso estaba ben, pero ao rematar non foi só o feito de deixar o cole senón que fixemos unhas actividades moi divertidas. Aínda que non nos portamos especialmente ben cando subimos ao bus e cando baixamos… Perdemos moito tempo!
Ao comezo collimos unhas bolsas cuns cabichómetros. Eu fun a primeira en recollelas do meu grupo: tiñas que estar moi atenta ao chan, de feito íamos demasiado atentos ao chan e por iso as tivemos que gardar porque non estabamos atentos ao ecosistema nin á natureza do noso arredor.
Despois estivemos uns minutos escoitando aqueles sons: dos paxaros, o vento, dos animais… Alí tamén había unhas randeeiras de madeira.
Para min a mellor parte foi na praia. Aprendemos moitas cousas sobre o que podías atopar naquela praia. Ademais estivemos mollando as pernas no mar. Pasamos na praia moito tempo e despois volvemos ao bus coas nosas pelexas polos sitios (se non fose así teríamos máis tempo na saída).
Unha cousa que eu non sabía era que as cabichas, ademais de ser malas para a saúde, son peores para o medioambiente. Outra cousa foi que esas “ bolsiñas” que atopas non mar e que pensas que son algas, en realidade son ovos de animais mariños. Aínda que a cousa máis impresionante para min non é algo en concreto; é xeral, é pensar que cando vou á praia eu non atopo nin a metade de cousas que atopei aquel día… e se por algo as atopase, non lle daría importancia e en realidade é increibel a cantidade de seres que hai alí.
Eu a repetiría non só pola experiencia, tamén polo reto como grupo de portarse mellor e conseguir aproveitar o tempo.
Grazas Mara, pola túa fermosa aportación persoal sobre a saída e pola reflexión que fas sobre o comportamento de grupo… iso ten tamén gran valor. Ser autocrítico permite mellorar!
E fundamental traballar en equipo para aproveitar axeitadamente as experiencias escolares!
A saída ao Espazo Natural de Ramallosa gustoume bastante porque aprendín moito e foi divertido. Para min foi un 8/10, xa que me aburriu un pouco cando presentamos o que encontramos na praia. Eu creo que non reptiría tal cal senón que lle faría algúns cambios, ou cambiar algunha actividade por outa para que non fose repetitivo.
A miña parte favorita foi cando recollimos as cabichas xa que parecía unha competición.
Nesta saída aprendín que non hai que tirar lixo na praia e que se non te fixas moito a natureza perece aburrida e sosa, pero se te pos un día a observar os paxaros ou ver as plantas e animais convivindo, daste conta que a natureza é moi curiosa e divertida.
Esta saída non me gustou tanto coma as outras por que se me fixo un pouco aburrida.
Aspectos positivos:
– que tivemos moita liberdade tanto na praia como na merenda.
– por outro lado, nada máis chegar nos deron unhas bolsas que contiñan un cabichómetro, un colador e unha bandeixa. Co cabichómetro, o primeiro que fixemos, foi recoller cabichas do solo, xa que contaminan moito na auga. Acabamos o camiño e chegamos a unha zona que había árbores e alí puidemos descansar e merendar.
– despois da merenda fomos á praia a facer unha actividade que trataba de: coas bandeixas e os coladores, recoller seres da praia que non soubesemos que eran e así despois poder velas e que nos as explicase Iria. Cando rematamos nos sentamos na area e analizamos cada bandeixa de cada grupo.
Despois fomos a un lugar para poder quitarnos as areas e demais, e ao acabar fomos xa, de novo, para o autobús.
A esta saída eu doulle un 7/10 xa que non me gustou moito.
Gustoume moito a saída ao patrimonio natural da Ramaiosa (zona ZEC e ZEPA), xa que foi unha oportunidade de saír das aulas e aprender cousas da nosa contorna.
Recollimos cabichas, xa que poden contaminar unha barbaridade de auga. Andamos pola praia recollendo aquelas cousas que nos parecían interesantes ou que non sabiamos o que eran para despois resolver as nosas dúbidas có grupo. Na miña opinión foi a mellor actividade de todas as que fixemos, aínda que as demais tamén estiveron moi ben.
E pese a que desgraciadamente non deu tempo a esperada actividade final, esta marabillosa saida merécese un nove de dez.
Teño un montón de ganas de volver á Ramallosa para poder volver a gozar daquela marisma, daquela paixase e sobre todo daquela biodiversidade e natureza que hai alí. En definitiva, repetiría esa saída sen dúbida algunha.