1ºESO B: saída ao espazo natural da Ramallosa

Esta semana puidemos desfrutar dun tempo marabilloso neste espazo natural con 1ºB.

A xornada foi moi fluída, interesante e chea de momentos de alegría compartida: ben feito equipo!

O alumnado foi quen de formularse preguntas interesantes sobre os ecosistemas nos que estabamos; curioseando, poñendo a proba a súa capacidade observadora e desenvolvendo a súa mente científica.

O tempo de merenda, sempre feliz, enriqueceuse cun pouco de xogo intrépido grazas aos diferentes recursos (carriolas improvisados, lianas, etc) que outros alí deixaron. Foi un tempo para cargarnos a tope da necesaria vitamina N (de Natureza)!

No regreso pola parte da praia, os equipos fixeron un gran traballo atopando unha morea de tesouros que logo compartimos e interpretamos. E seica non hai como coñecer/comprender aquilo que nos rodea para desenvolver a nosa sensibilidade e necesidade de protexelo.

Ao rematar, como agasallo final, un tempo para xogar todos xuntos, coma un gran equipo!

En breves volveremos para seguir coñecendo este espazo natural, no que imos traballar ao longo do curso, para coñecer os seu gran valor ecolóxico, as presións negativas ás que pode estar sometido, e colaborar na súa conservación.

Seguiremos informando!

24 comentarios en “1ºESO B: saída ao espazo natural da Ramallosa

  1. Lucía Rodríguez Fernández dijo:

    A min gustoume moito a saída porque, aínda que eu xa estivera alí, aprendín moitísimas cousas moi interesantes e novas para min. Gustáronme moito as actividades que fixemos, sobre todo a de facerse preguntas porque hai moitas cousas que non coñecemos e desta maneira podemos aprender a facer preguntas ben formuladas e, á súa vez, adquirimos novos coñecementos coas súas respostas.
    Pareceume impresionante a cantidade de cousas que atopamos na praia porque eu nunca me parei a pensar porque estaban alí ou cal era a súa función. Chamoume moito a atención que atopáramos cousas como esponxas de mar ou o chamado bolso de serea porque eu nunca atopara algún destes nesta praia.
    Eu repetiría a saída porque se facemos novas actividades poderemos seguir aprendendo novas cousas.
    Tamén teño moitas ganas de ver algunhas cousas que collemos no laboratorio e poder velas baixo microscopio.
    Ademais o momento no que estivemos en absoluto silencio camiñando pola marisma encantoume porque me relaxaba escoitar o son dalgunhas aves. Parecéronme moi interesantes todas as explicacións.
    Tamén me gustou ese momento que os profesores nos deixaron para xogar e andar pola praia. A nota numérica que eu lle dou á saída é un 10 porque non lle encontro ningún inconveniente, pareceume perfecta.

  2. Candela Martínez Salgado dijo:

    A min a saída gustoume moito porque pareceume moi divertida e interesante, porque aprendín moitas cousas novas moi interesantes. Eu xa estiven alí varias veces e non me din conta de que puidese haber tantas cousas que non coñecía e non sabía cal era a súa función. Eu creo que si repetiría a saída porque o pasei moi ben e é unha experiencia moi divertida. A nota numérica que eu lle dou á saída é dun 9´25 porque me houbera gustado facer algún xogo máis para aprender.
    Teño moitas ganas de ver ao microscopio algunhas das cousas que recollemos, paréceme moi divertido.
    Gustoume moito o xogo que fixemos de recoller cousas que había na praia, sorprendeume bastante que houbera cousas como: as esponxas, as bolsas de sereas, a uña de gato, a pequena centola, os cangrexos… Pareceume un espazo natural moi importante, cerca de nós, en Ramallosa, a marisma. Parecéronme tamén moi importantes todas as explicacións.
    A conclusión sería que me pareceu moi interesante a marisma e que ten cousas que non coñecía da que podemos aprender moito.

  3. Uxía María Pérez García dijo:

    Esta saída gustoume moito, porque ademais de facer diferentes actividades para coñecer mellor os entornos naturais que nos rodean, aprendín moitas cousas novas que descoñecía antes de facela. Como que na marisma da Ramallosa se poden encontrar unhas aves chamadas corvos mariños que poden mergullarse moitos metros baixo a auga para conseguir comida. Estes os puidemos ver cando camiñamos pola marisma e estivemos aplicando o estudado na aula, como por exemplo, o que sabíamos sobre as coníferas cando nos paramos a observar un piñeiro que tiña os conos masculinos cheos de pole.
    Outra cousa que me sorprendeu moito é a cantidade de cousas que se poden atopar nunha praia, que senón miras ben, non te darás conta de que están alí. Cando nos sentamos nun círculo na area para ver as cousas interesantes que atoparamos, aprendín novas palabras e conceptos que se poden atopar nun entorno natural. Por exemplo as esponxas de mar e as bolsas de serea, sobre todo porque nunca atopara ningunha destas cousas nunha praia. Ademais, outra actividade moi entretida foi a de recoller as cabichas dos cigarros para manter limpa a praia, inda sabendo que non é a época nas que se encontran en abundancia.
    Finalmente, doulle un 10, porque me resultou moi divertida e interactiva á hora de curiosear. Sen dúbida repetiría!

  4. Antón González Lois dijo:

    Na saída fomos á Ramallosa. Ao chegar dividímonos en grupos de cinco e déronnos unha bolsa cunhas ferramentas para empregar na saída, entre outras cousas. Unha das cousas que máis me gustou foron as preguntas das fichas, aínda que me gustaría que respondéramos a máis preguntas das que fixemos. O segundo aspecto que máis me gustou foi aquel no que nos sentamos en círculo e estivemos mirando as cousas que recollemos na praia. Nesta actividade falamos das diferentes cousas que se podían atopar na praia, e chamoume a atención que atopamos moitas cousas que non vira antes. Esta actividade lévame ao seguinte aspecto e ao meu favorito: nesta actividade camiñamos tranquilos pola area mentres buscamos a praia. Este aspecto positivo encantoume.
    A nota numérica que lle dou a esta saída é un 10 porque era simplemente perfecta. Todas as actividades que fixemos foron moi interesantes. A pregunta de se repetiría é un claro si xa que me encantou e teño moitas ganas de volver.

  5. Carla García Alonso dijo:

    Na saída que fixemos o xoves pasado á contorna natural de Ramallosa aprendimos moitas cousas novas. Encantoume a saída en canto a contido e forma en que estivo organizada. Esta saída gustoume moito, ademais das razóns que xa din, porque tivemos o tempo suficiente para aprender as cousas esperadas, aínda que tamén para poder disfrutar e descansar.
    Os profesores acordaron realizar diferentes actividades para coidar a contorna natural, como por exemplo , a recollida das cabichas da praia e logo metelas no cabichómetro. Tamén recorrimos a praia en busca de seres vivos estraños ou descoñecidos para nós. Esta actividade destácoa positivamente, xa que foi moi entretida, curiosa e unha forma de poder traballar en grupos.
    Á pregunta de se repetiría, eu respondería que si, aínda que ás veces foi canso, foi unha experiencia que vale a pena repetir! A nota numérica que lle dou é un 10, xa que non encontro ningunha cousa que non me gustase.
    En canto aos aspectos positivos eu destacaría varios. Un deles sería a forma dinámica e efectiva das explicacións que realizou o profesorado. Por outra parte parecéronme perfectas as actividades que realizamos. Por último destacaría a paciencia que tiveron connosco e a boa actitude que se mostrou.
    Para rematar, quería darlle as grazas ao profesorado por facer isto posible e pensar sempre no noso ben.

  6. Gustoume moito porque aprendín bastantes cousas e disfrutei moito. Repetiría encantada!
    Aprendín moitas cousas sobre as especies que viven no ecosistema da costa ou mar, como que hai moitas especies de cunchas moi curiosas. Tamén aprendín sobre as marismas, como é que as árbores poden vivir alí. E encantoume a actividade de coller cousas interesantes da praia, inda que tiven que volver atrás a pola mochila!
    En conclusión, espero poder repetir pronto e aprender máis cousas.

  7. A saída que fixemos o martes da semana pasada gustoume bastante por varias razóns.
    Xa que tivemos tanto, tempo libre coma tempo para aprender. Ademais gustoume as actividades que fixemos. Por exemplo, a que máis me gustou foi na que fomos camiñando por a praia e íamos recollendo distintas cousas que se encontraban nela, como a esponxa mariña, cangrexos e moitas cousas máis que non sabía nin que existían. Algunhas das cousas que aprendín foron por exemplo, que ao mover as follas das árboles ximnospermas saen millóns de grans de pole. Tamen vin por primeira vez os soros no envés dos foliolos e tamén vin unha esponxa mariña.

  8. petros dijo:

    A saída do xoves pasado ao espazo natural da Ramallosa gustoume bastante. Aprendín moito e ademais gustoume pola dinámica que había na saída. O primeiro q fixemos foi andar por un camiño bastante estreito. Había un camping, e no mar había as chamadas cigüeñas (??) e tamén que a auga da Ramallosa está moi contaminada, e por iso non é moi bo o peixe que hai nesa auga, pero fai anos era mellor. Proximamente merendamos e todos os nenos lles pediamos comida ás nenas. Despois fomos á praia en grupos. Había que coller cousas que non sabiamos. Cando as tiñamos, fixemos un parecido corro de bruxas e pois falamos do que atopamos, e despois xogamos aos polis e cacos e nos fomos ao colexio. Eu repetiría.

  9. Emma Pujales Pachón dijo:

    A min gustoume moito a saída, xa que é moi boa experiencia saír da escola e experimentar co que temos ao redor. Fixemos distintas actividades relacionadas co noso entorno, coas que cada vez íamos aprendendo máis cousas.
    Experimentamos con diferentes entornos, como a marisma de Ramallosa e o ambiente na natureza dun pequeno bosque (piñeiral).
    Ao chegar a Ramallosa, o primeiro que fixemos foi dividirnos en grupos de cinco, e a nosa profesora deunos unha bolsa cuns aparellos para empregar máis adiante. Fomos caminando arredor de marisma, e mentres, collimos unhas follas que había nun sobre que nos dera a nosa profesora antes, e apuntamos dúbidas que tiveramos sobre o hábitat ou os seres vivos que habitan nel. Ao acabar o paseo, parámonos nun pequeno bosque, e alí compartimos as nosas dúbidas.
    Ao rematar a merenda no piñeiral, xogamos un rato cuns columpios que encontramos alí, que estaban feitos de paus e corda.
    Ao acabar, paseamos por toda a praia Ladeira recollendo cousas interesantes que encontrabamos, e colliámolas cos utensilios que había na bolsa que nos deran. Collimos cousas como: distintos tipos de algas, lixo que encontrabamos na area tirada,… Tamén, nunhas botellas, recolliamos as cabichas dos pitillos.
    Ao chegar ao medio da praia, sentámonos nun círculo, separados por grupos, e compartimos cos demais todo o que encontramos.
    Ao rematar deixamos todos os obxectos naturais, no seu lugar, e o refugallo tirámolo ao lixo.
    Despois, como nos sobrara un pouco de tempo, fixemos algúns xogos en grupo.
    En conclusión, eu a esta saída doulle un 10, xa que aprendín moitas cousas sobre a contorna natural dese lugar. Tamén me gustaron moito as actividades que fixemos, foron moi divertidas e educativas. Unha das cousas que máis me gustou foi poder descalzarnos mentres paseabamos pola praia.
    Se alguén me ofrecese repetila, eu iría encantada. Foi moi boa experiencia.

  10. Victoria dijo:

    A min gustoume moito a saída. Aprendín moitas cousas novas que non sabía. Eu nunca estivera na Ramallosa. Na saída paseino moi ben, repetiría.
    Unha das cousas máis importantes que aprendín foi toda esa natureza que había. Había moita biodiversidade, xa que había especies de todo tipo.
    Na primeira parte da saída aprendín a usar uns instrumentos que nos deron e aprendín para que servían.
    Logo dimos unha volta ao redor da marisma e déronnos unhas tarxetiñas para anotar preguntas que se nos ocorreran, sen que soubesemos a resposta, para logo, unha vez chegados á zona da merenda, lelas en voz alta. Logo diso fomos merendar.
    Ao rematar de merendar fomos en ruta da praia. Alí Iria explicounos que íamos facer: recoller obxectos que non soubesemos o que eran, ou simplemente obxectos que nos parecían raros. Tamén deunos unhas botellas, a súa función era poñer cabichas dos cigarros. Fomos a camiñar pola maior parte da praia, recollendo os obxectos. Unha vez rematado todos os grupos ensinamos os nosos obxectos. No meu grupo había unha centolla, cangrexos, cunchas, algas…
    Ao rematar Iria e máis Simon deixáronnos tempo libre e puidemos xogar pola praia.
    A miña puntuación desta saída é dun 9, xa que creo que pode haber outras saídas mellores.

  11. Laura Conde dijo:

    Persoalmente, na saída á Ramallosa disfrutei moito e tamén axudoume a desconectar.

    Cando chegamos, déronnos uns obxectos que máis tarde empregariamos na praia. Despois de camiñar un rato por un paseo á beira dunha marisma. Durante este tempo fixemos algunas actividades, todas moi interesantes, nas que aprendín moitas cousas, como por exemplo sobre especies que vivían por estes lugares, sobre algún piñeiro e os conos masculinos con pole.
    Despois disto, descansamos un rato e aproveitamos todos para sentarnos, merendar ou xogar polo lugar.
    Pasou un tempo e fomos xa á praia e a recorremos mentres, cos obxetos que xa nos deran anteriormente, buscamos cousas que nos puideran interesar. Encontramos moitos tipos de esponxas, cangrexos, bolsas de serea, a pequena centola… Todas estas cousas, e moitas máis, moi interesantes. Todas a cousas que recollemos na praia as vimos con detalle sentados na area, falando nun círculo.
    Nesta saída disfrutei moito e tivemos tempo para facer un pouco de todo. Se puidese, con gusto repitiría. Entón, como nota, finalmente doulle un 10. Non hai cousas negativas que poida dicir desta saída.

  12. Oliver Rosendo Albillo dijo:

    Gustoume porque me encanta a praia e paseino ben. Estar nun espazo natural protexido e tamén porque aprendimos moitas cousas novas como que unha parte dun cigarro, que agora non me lembro do seu nome, pode chegar a contaminar 1000 litros de auga.

    Si que repetiría encantado. Moitas grazas por facer isto posible Iria e Simon.

  13. Amaia Silvariño Casal dijo:

    A excursión á Ramallosa gustoume moito e pareceume espectacular. Tamén foi moi divertida e axudoume a desconectar.
    Para comezar, fun por un camiño algo estreito, e o paseo foi a carón da marisma. Despois paramos a merendar debaixo dunhas árbores e había unha corda e unha especie de columpio feito de paus. Despois mandáronnos recoller cousas interesantes da area: eu e unha amiga atopamos unha esponxa de mar. Logo xuntámonos todos para falar diso e gustoume porque aprendín moitas cousas. Máis tarde tivemos que volver ao autobús.
    O que destaco é que aprendín moito sobre o lugar, as especies e a vexetación.
    E para rematar, quero dicir que me gustaría repetir.

  14. Mar Castro Fernández dijo:

    A verdade é que a min encantoume xa que saír e facer algo diferente xa é divertido e xenial.
    A nota numérica que lle dou á saída é dun 10, xa que para min foi perfecta.
    Encantoume a saída e todas as actividades que fixemos como a de recoller cousas que encontraramos na praia que nos resultaran interesantes ou raras para despois intentar adiviñar o que eran todos xuntos. Unha das cousas que encontramos e que me chamou a atención foi o bolso de serea ou a esponxa de mar.
    Tamén me encantaron os 10 minutos que nos deixaron ao final da saída para poder xogar toda a clase xunta na praia.
    En verdade a saída encantoume e resultoume moi interesante e divertida, eu repetiría!

  15. Foi unha saída incrible e especialmente emocionante para min, xa que vivo moi preto da praia da Ladeira. Daquela, fíxome moita ilusión que os mestres e os meus compañeiros puideran coñecer a contorna da que gozo acotío. Hei de recoñecer que quedei abraiada coa riqueza do lugar. Cantas veces estiven nese areal e non fun quen de ollar todo o que na excursión pescudei! Esponxas, centolas pequenas e moitas outras especies descoñecidas ata agora. A resultado desta visita, de certo, este verán cando vaia dedicarei parte da xornada á procura de máis cousas e seres vivos interesantes. Seguro que acharei moitos máis, xa que estou aprendendo a ollar e prestar atención á riqueza que hai ao meu arredor.

    Comparto cos meus compañeiros que as actividades propostas, foron totalmente acertadas, xa que con elas conseguimos aprender á vez que nos divertiamos. Esta mestura é sempre a mellor.

    Así mesmo, regresei moi satisfeita co noso bo comportamento e responsabilidade, que fixo que todo fose moi doado, e aproveitásemos moito o tempo.

    Como sempre volvemos encantados e desexando poder coñecer novas contornas en breve.

    Moitas grazas aos mestres e os compañeiros por unha xornada inesquecible.

  16. Adriana Rodríguez Pérez dijo:

    Gustoume moito a saída ao espazo natural da Ramallosa xa que aprendín moitas cousas novas ademais das que xa vimos na aula, por exemplo os diferentes tipos de cangrexos , esponxas…
    O primerio aspecto positivo para min foi a actividade que fixemos das fichas coas preguntas, porque resolvimos dúbidas e aprendimos algunhas cousas novas moi interesantes.
    O segundo aspecto positivo foi a actividade de recoller cousas pola praia xa que me chamou a atención cantas cousas novas viramos e que eu non me decatara antes, como por exemplo o bolso de serea, a uña de gato ou a pequena centola.
    Outra cousa que me gustou foi cando recollimos as cabichas co cabichómetro.
    Eu como nota numerica doulle un 10 e sen dúbida repetiría.

  17. Iria de Castro Gómez dijo:

    Esta saída polo espazo natural da Ramallosa gustoume moito, foi espléndida. De seguro que todos nos enchemos cunha morea de vitamina N, algo que estas novas xeracións de cidade botamos en falta.
    Descubrimos que habitan nas praias galegas moita máis flora e fauna da que pensabamos. E o máis importante: abrimos as nosas mentes científicas pondo a proba a nosa capacidade observadora e puxémonos na busca de dúbidas interesantes. Foron todas moi boas, pero, tamén hai que dicilo, houbo algunhas verdadeiramente boas, que me abraiaron por completo; deixáronme aparvada!
    Tras unha serie de asombrosas preguntas, chegou a merenda, e xunto a ela, tempo de xogo. Ó longo deste, pasámolo xenial. Había lianas, e algunha que outra cousa similar coa que xogamos.
    Despois deste descanso, fomos a parar a unha praia, na que puidemos descubrir que numerosos seres extraordinarios habitaban nela; como algunha que outra pequena centola, bolsos de serea, e o que máis me impactou: esponxas!
    E xa para rematar, puidemos desfrutar de facer xogos en grupo!
    Aprender con experiencias coma esta, creo que motiva ao alumnado, e penso que de cando en vez, facer clases fóra, ou aventuras coma esta, está xenial!
    Sen dúbida algunha, foi unha saída marabillosa, unha excelente toma de contacto con este espazo natural. Doulle un 10/10, repetiría tódalas veces que fixera falta e máis!

  18. Jacobo Álvarez Fernández dijo:

    Gustoume moito a saída á Ramallosa porque aprendín novos conceptos sobre a natureza, por exemplo: que as árbores miraban cara o mar.
    Eu persoalmente doulle un 7’5/10, porque estivo moi ben en canto a contidos pero gustaríame ter máis tempo de descanso e poder ir un pouco máis amodiño, porque algunha vez perdínme algunha explicación.
    Estou convencido de que repetiría porque aprendín cousas novas e aprendín a diferenciar algúns tipos de cunchas.
    En canto a explicar tres aspectos positivos eu diría que un deles é o feito de pasar tempo ó aire libre, outro aprender cousas novas sobre a marisma e, por último, poder poñer en práctica as nosas mentes científicas.
    Para rematar diría que foi moi importante coñecer os nosos propios ecosistemas.

  19. Hugo Álvarez Villayandre dijo:

    Encantoume a saída de campo que fixemos A Ramallosa, que é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA). Átopase na desembocadura do río Miñor, entre as parroquias de Santa Cristina de Ranallosa (Baiona) e San Pedro da Ramallosa (Nigrán).
    Alí collemos restos mariños na praia cos que aprendemos a diferenciar especies. O que máis me gustou foi atopar unha cría de centola (Maja squinado) e ver as distintas clases de caranguexos que viven alí.
    Tamén puidemos observar varias aves: gaivota patiamarela (Larus michahellis), gaivota chorona (Choroicocephalus ridibundus) e o máis interesante, que é o corvo mariño (Phalacrocorax aristotelis)
    Como nota doulle un 10, xa que sempre é unha aventura saír cos amigos fóra da aula e ademais puidemos aprender cousas novas.

  20. Maena Rousseau dijo:

    Si me gustou moito a saída porque, á parte de que sempre é agradable saír do colexio, estivo un bo día co sol e sen vento…
    Foi unha saída diferente das demais xa que fumos á praia. Durante a saída pedagóxica houbo algúns momentos onde podíamos estar un pouco máis facendo cousas que nos gustasen e noutros momentos atendíamos ás explicacións.
    As tres cousas que máis me gustaron e me pareceron interesantes foron: ando tivemos unhas tarxetiñas de cores e, por equipos, cada un tiña que pór preguntas sobre algo que non sabiamos e ao final as resolvíamos. Logo o momento no que estivemos un minuto calados para escoitar os animais que se encontraban nese ecosistema. Ademais tamén cando fixemos unhas bandeixas cheas de cousas que nos pareceran interesantes.

  21. Juan Rodrigo Costas Ibarra dijo:

    A min gustoume moito a saída, foi moi entretida. A min sempre me gusta visitar sitios novos, xa que nunca estivera alí, e por primeira vez que fun alí, foi moi divertido, sobre todo cando nos deixaban libres para buscar cousas estrañas, para saber que eran. Tamén aprendín un pouco máis coas preguntas que lle fixemos á profe sobre as cousas que vimos, ou nos pareceran estrañas. Como a miña pregunta que foi porque as árbores miraban cara o mar, porque non o entendía.
    Eu doulle un 8/10 xa que tivemos pouco tempo ao final para xogar, e que no bus non foi todo moi tranquilo. Pero en xeral gustoume moito.
    A min gustaría repetila xa que pasei un bo tempo cos meus amigos e me divertín moito, inda que me quedara con algunhas preguntas sen resolver.
    Para explicar tres aspectos positivos, eu creo que poría que foi un tempo moi aproveitado e divertido, as vistas e as paixases que foron moi bonitos, como cando o mar reflectía moito, e por terceira e última que creo que puiden desplegar un pouco a miña mente científica.
    Por último gustaríame dicir que me gustaría repetir esta aventura outra vez máis cos meus amigos.

  22. iago dijo:

    Gustoume moito a saída xa que aprendemos moitas cousas novas. Gústanme moito este tipo de saídas educativas nas que podemos estar fóra, interactuar co ecosistema e facer algo diferente ao que facemos sempre. Persoalmente doulle un 8,5 sobre 10.
    Aprendimos diferentes conceptos, fixemos diferentes actividades e a que máis me gustou foi aquela na que podiamos percorrer toda a praia en busca de seres vivos ou de diferentes cousas que puidésemos recoller.

  23. Álvaro Fernández Romo dijo:

    A saída que fixemos á Ramallosa foi moi divertida porque aprendín moitas cousas da natureza, por exemplo que os corvos mariños poden mergullarse para conseguir comida. Tamén aprendín que a vila da Ramallosa é especial porque cando un río se baleira (??), a auga salgada mestúrase con auga fresca, e finalmente aprendín que o ecosistema mariño pode ser moi danado pola acción humana.
    Por iso estivemos axudando a recoller plásticos e outros contaminantes como gorros, calzado e redes mariñas. Para min a saida foi un 9.

  24. Guillermo Ley García dijo:

    O primeiro de todo, esta pareceume unha marabillosa saída. Isto é porque puidemos combinar as nosas aprendizaxes de clase co novo que aprendimos na saída. Por exemplo, cando no paseo que fixemos pola praia encontramos as algas de cor marrón, repasamos porque tiñan esa cor. Que era porque vivía en profundidades intermedias e por isto tiñan pigmentos de diferentes cores e sensibilidades a luz que lle daban esa cor marrón. Tamén recordamos que nas bolsiñas que tiñan nun extremo contiña unha substancia semellante ao aloe vera. (Que tiña propiedades moi boas para a pel.)
    Outra cosa que aprendin foi que na marisma de Ramallosa habitaba unha ave chamada corvo mariño e que podían somerxerse varios metros baixo a auga co fin de obter comida.
    Tamen aprendín que é unha marisma: un lugar que esta situado por nivel do mar e que ten augas salobres. Á parte do que aprendín tamén investiguei e descubrín que son ecosistemas parecidos aos pantanos. Neles desembocan ríos e as súas augas son afectadas polas mareas.
    Outro exemplo no que aplicamos o aprendido na aula, pero tamén decubrimos, foi cando nos encontramos cun piñeiro. Puidemos repasar os nosos coñecementos sobre as coniferas: cales eran os conos masculinos e femininos e puidemos apreciar de primeira man o moito pole que producían de forma moi visual. Á parte aprendín que os conos femininos están na parte alta e os masculinos na baixa. Isto non ten aparente sentido pero si ten a súa lóxica: ao estar na copa e nas partes superiores da árbore sería máis difícil que o gran de polen chegase ao cono feminino, e é verdade, pero tamén impide que grans de polen da mesma árbore chegue ao cono feminino. Se non fose asi a árbore fecundaríase así mesma e podería causar problemas na súa descendencia.
    Para rematar teño que dicir que esta foi a miña saída preferida no que levo de curso. Sen ningún tipo de dúbida a repetiría, e ademais creo que o comportamento foi moito máis apropiado que na anterior saída. Teño moitas ganas de ter outra saída igual de divertida e ao mesmo tempo que saquemos aprendizaxes dela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *