
Investigando nas pozas mariñas Actinia (cnidario) Estrela de mar (equinodermo) Arneiróns (artrópodo crustáceo) Pólipo (cnidario) Garderías de mexillóns (molusco bivalvo) Herba de namorar (Armeria maritima) Salinas romanas
Unha vez máis aproveitamos para espertar os nosos sentidos e curiosidade natural, investigando, entre as rochas, a rica biodiversidade das pozas mariñas propias da zona intermareal.
Pero ademais de ficar abraiados co potencial do medio natural, tamén o fixemos cun montón de datos interesantes relacionados coa nosa cultura e o noso pasado nas salinas romanas de O Seixal.
E como non, gozamos da Natureza co seu vento mareiro, o aroma do mar, as raiolas luminosas nun fermoso ceo medio anubrado… e da boa compaña e momentos bonitos para compartir e recordar entre tod@s nós.
Ben aproveitado equipo!

Hoxe, os alumnos de 1º ESO A, fixemos unha saída A Guarda. Quero mencionar algunhas cousas boas; por exemplo, é un lugar moi bonito, aínda que fai bastante vento, pero está preto do océano e hai unha praia con moitas rochas onde puidemos observar diferentes especies de bivalvos e gasterópodos sobre todo. Ademais, Agustín, o guía que nos acompañou, sabía moitas cousas e deunos un caderno con actividades.
Estas son todas cousas boas, pero tamén houbo momentos ou actividades que non desfrutei tanto. Á verdade, fíxoseme bastante curta e nalgúns momentos non fun capaz de entender ben as curiosidades que nos contaban.
Se teño que destacar tres aspectos, comezaría pola oportunidade que tivemos de ver as salinas romanas de O Seixo, xa que non as coñecía e así puiden aprender algo novo. Agora, quero falar de como me sorprendín cando uns compañeiros atoparon unha estrela de mar violeta! Nunca imaxinei que un animal así puidese estar tan preto noso. Por último, outra das cousas que máis me gustou, foi ver algúns tipos de algas calcarias como as Corallinas, foi bastante curioso.
Está é a miña valoración da saída e espero que fagamos outra pronto.
O día 19 de abril, os meus compañeiros e eu fomos a unha saída á Guarda organizada pola materia de Bioloxía. O obxectivo da visita era descubrir e aprender sobre a fauna e a flora da costa deste lugar. Ademais, tamén visitamos as Salinas Romanas e aprendimos acerca dos seu funcionamento e utilidade.
Cando chegamos, baixamos a unha praia para anotar todos os bivalvos, liques e algas que atopásemos. Despois, camiñamos por unha ruta ata un lugar moi preto do mar, para anotar características sobre a Herba de Namorar (Armenia marítima). Ao final, observamos o lugar onde os romanos obtiñan sal e para que a empregaban.
Grazas a esta visita decubrín a existencia dalgunhas novas especies de seres acuáticos (Patina pellucida, Pomatoceros triqueter e Sabelaria Alveolata). Tamén aprendín como a Armenia marítima consegue sobrevivir tendo en conta as condicións que a rodean. Por último, ensináronnos como os romanos empregaban o sal para salgar o pescado e conservalo.
Esta saída á Guarda gustoume, porque me parece interesante visitar lugares aos que fun poucas veces e dos que coñezo pouca cousa. Tamén me parece interesante descubrir información a maiores das cousas que estamos dando en determinadas materias como Bioloxía e Historia. Ademais, coñecín a unha persoa que me pareceu interesante, Agustín, xa que nos ensinou aspectos moi curiosos sobre a bioloxía.
Gústoume moito esta saída, porque me pareceron moi proveitosos os temas tratados. Unha das miñas partes favoritas foi a das salinas romanas e prerromanas, nas cales aprendemos algúns dos seguintes aspectos: que as romanas están formadas por estanques; que na época romana o mar estaba máis afastado que agora; que o sal producido nestas salinas era destinada á salgadura do peixe…
Outra das miñas partes favoritas foi cando fomos polas rocas buscando moluscos e outros seres vivos; de feito, atopamos unha estrela de mar. Tamén descubrimos que os arneiróns son os moluscos máis abundantes nesa praia.
E xa por último outra das miñas partes favoritas foi cando falamos sobre a herba de namorar, que florece a partir de febreiro, xeralmente en zonas de salpicaduras, e din que, entre outras cousas, ten propiedades «máxicas» e de aí o nome que ten.
A min persoalmente gustoume moito esta saída porque puidemos ver especies no seu hábitat natural e tamén as salinas, todo isto coa axuda de Agustín.
Creo que o comportamento xeral do grupo nesta saída estivo mellor que na anterior, coa xente máis atenta e concentrada.
Aprendizaxes a resaltar poderían ser ver especies mariñas, que anteriormente estudamos na clase, no seu hábitat natural, aprendendo curiosidades sobre elas; investigar sobre a fauna e flora da zona da costa e a intermareal, aprendendo novas especies; e saber como funciona unha salina e que houbo salinas romanas e prerromanas na costa do Baixo Miño. Agustín estivo explicándonos moitas cousas sobre isto.
Persoalmente repetiría a saída sen dúbida porque se aprende moito.
Para min a saída foi moi divertida, xa que me gustou moito estar na praia cos meus compañeiros, ver os animais e merendar alí. Agustín, que foi quen nos acompañou nesta saída, é unha persoa moi interesante, con moitos coñecementos e que explicaba moi ben.
En canto as aprendizaxes novas, grazas a esta saída foron:
– A fauna da praia: vimos caramuxos, lapas, mexillóns, anémonas, estrelas de mar. Aprendimos a identificalos, como se reproducen as estrelas de mar e que ao cortarlle un brazo dese brazo sae outra estrela de mar.
– Polo camiño miramos restos de pedra antigos; eran romanos.
– Que nas saídas aprendemos como son as cousas que vemos en clase na vida real.
A verdade, gustariame facer máis saídas de este tipo.
Se lle tivera que poñer unha nota a esta saida, poríalle un 8/10.
Ola! A Guardia é un bonito sitio, o mar, a praia… Pero hei dicir que me gustou máis a saída á Ramaiosa, pero nesta, creo que o comportamento da clase foi mellor.
As actividades que máis me gustaron foron:
1. Cando intentamos encontrar moluscos.
2. As Salinas parecéronme moi interesantes, porque os romanos xa tiñan unha intelixencia moi grande…
3. Cando encontramos a estrela de mar morada, non sabía que as houbera moradas!!!
4. O traxecto. Pódesme chamar rara, mais gústame ir en coche e o pasamos moi ben.
Esa é a miña valoración, espero que coincidades comigo nos gustos, CHAO!!! 🙂
Gustoume a saída, aínda que creo que poderíamos ter feito algo mentres camiñabamos ás salinas romanas.
Non sabía que non todas as anémonas podían facerse una pelotiña, que alí tamén había salinas prerromanas ou cal era a herba de namorar.
A miña parte favorita foi a de poder investigar polas rochas libremente, non cría que nos fosen a deixar.
Alegreime moito ao recoñecer o paseo polo que unha vez fun cos meus pais, xa que, a pesar de que vou pola zona, facía anos que non ía tan lonxe polo paseo, agora espero non esquecerme de onde está. É precioso.
Hola Iria. Na miña opinión a saída foi moi entretida. Gustoume moito.
Sobre as tres aprendizaxes, elixín estas:
– Pareceume interesante o tema das salinas romanas, que se sabe que son romanas polo material atopado.
– Fixome moita ilusion ver a estrela de mar morada. É a primera que a vexo, e era moi bonita.
– Paraba rematar, coñecín as Armerias, unha especie vexetal con flores. Púxenme un pouco nerviosa cando me mandaron saír falar, pero bueno…
Espero facer máis saídas así.
Un saúdo.
A saída de A Guardia gustoume moito xa que aprendin cousas que non sabía.
Unha das cousas que mais me gustaron foi cando tivemos que buscar bivalvos e gasterópodos nas rochas. Alí puiden observar moitos animais que non coñecía, nunca os vira, como a estrela de mar á que tivemos a oportunidade de tocar.
Outra cousa que me gustou moito foi a paixase que pudimos observar durante o paseo que dimos pola costa, pero o malo é que facía moito vento e tivemos que camiñar moito.
Tamén me pareceu moi interesante a parte onde nos encontramos una especie de estrutura románica, porque o guía nos contou moitas cousas sobre ela que non sabiamos.
O único que me pareceu máis aburrido foi o de ter que completar as preguntas no caderno que nos deron ao principio .
Pero polo xeral gustoume moito e sen dúbida a repetiría 😁
Cando chegamos presentáronnos a Agustín, o noso guia. Logo, el explicounos algunhas cousas sobre a praia.
Despois empezamos unha pequena expedición nas rochas, onde encontramos una variedade de seres vivos. Agustín explicounos algunhas cousas sobre eles e ao acabar fomos a merendar encima dunhas rochas cadradas da praia.
Ao acabar recorrimos o paseo da costa. Inda que o plan principal era ir polas rochas, estaban molladas e podiamos esvarar. Agustín explicounos o propósito das salinas romanas e preromanas, que como o seu nome di eran utilizadas para facer sal. Despois disto simplemente volvimos ao autobús e marchamos para o colexio.
Doulle un 8 xa que non fixemos moitas cousas e o que aprendin foi que:
1: No pasado a marea estaba máis lonxe que agora.
2: Para facer sal necesítanse auga mariña, sol e vento.
3: As salinas romanas tiñan unha antigüidade de 2000 anos.
A saída á costa de A Guarda foi unha saída marabillosa, porque foi unha maneira de combinar as cousas que sabíamos con aprendizaxes novas.
Nada máis chegar déronnos un caderno, no que había unha serie de preguntas que tiñamos que responder, sobre temas que xa tiñamos explicados na clase.
Primeiro fomos a unha praia, que estaba chea de pedras, e nelas vimos moita vida. Vimos: lapas, caramuxos, estrelas de mar, e ata algún pequeno peixe.
Na praia respondemos a moitas preguntas.
Despois fomos paseando pola costa, onde paramos a falar das plantas que alí vivían, que eran bastante curiosas porque vivían nun lugar con moito vento. Explicáronnos por que as plantas tiñan un talo tan longo ou por que eran tan compactas.
E no último tramo da saída fomos ver unhas salinas romanas. Alí pasamos moito tempo explicando, cando se construíron, cantos anos tiñan aquelas salinas…
Gustoume moito a saída porque puidemos aprender moitas cousas e curiosidades que antes non coñeciamos.
Sen dúbida, volvería a repetila.
Esta saída á costa da Guarda estivo moi ben porque puidemos ampliar os nosos coñecementos sobre a natureza e observar algunhas especies que aprenderamos anteriormente na clase, como por exemplo: a estrela de mar, as lapas e os arneiróns.
Gustoume bastante xa que puiden disfrutar dunha paisaxe moi fermosa e descubrir cousas novas, e por suposto estar coas miñas amigas.
Eu creo que nos portamos bastante ben, nalgún momento falamos cando non debiamos pero reaccionamos e nos calmamos.
As tres aprendizaxes que eu destacaría son:
1. Puiden ver unha estrela de mar morada moi bonita e deixáronme tocala.
2. Nas salinas romanas, Agustín deunos datos sobre elas moi curiosos.
3. E por último saber diferenciar unha lapa dun arneirón porque, a pesar de que as coñecía, non sabia diferencialas moi ben.
Eu repetiría a saída para seguir fomentando as nosas aprendizaxes e tamén porque nolo pasamos moi ben.
A min gustoume moito a saída, sobre todo cando estivemos na praia polas rochas porque vimos unha estrela de mar e moitos outros seres vivos máis.
O dos romanos foi o que menos me gustou pero estivo bastante ben, e eu volvería a repetila porque foi a que máis me gustou.
Tamén me gustou cando estivemos falando cunhas inglesas e tamén cando volviamos ao colexio porque o pasei moi ben a verdade. E cando Agustín sacoume para falar dunha planta, resolvín ben e pensaba que o ía dicir fatal.
Foi a que máis me gustou.
A min esta saída gustoume moito, pero non foi tan didáctica como a anterior.
Na primeira parte, na que tivemos que buscar moluscos, equinodermos… e completar unhas preguntas, si que puidemos investigar máis pola nosa conta pero a seguinte parte non me gustou tanto. Daríalle un 8’5/10 á saída en xeral.
O primero que fixemos foi investigar as rochas da praia e responder as preguntas do libriño que Agustín nos entregou, se había máis bivalvos ou cefalópodos…
Despois merendamos, e a continuación camiñamos pola Guarda para ver as Salinas e edificacións Romanas.
Finalmente volvimos ao bus. Coñecimos a persoas que estaban a facer o Camiño de Santiago, unha Canadiense e unha Sueca.
Como xa dixen a saída gustoume moito e creo que noso comportamento está a mellorar, inda que todavía queda moito para ser «perfecto».
Moitas grazas Iria, Luisa e Agustín por levarnos de saída e facer esta marabillosa experiencia inda mellor.
Eu o que aprendín da saída foi as salinas, que non as vira nunca e servían para botar o sal aos peixes e gardalos. Tamén a estrela de mar morada que nunca vira, e a flor que se metías no peto dalguén dise que se namora de ti.
A min a saída non me gustou moito pero penso que Agustín explica moi ben, e se sabía moi ben a zona.
Iria, por favor, a seguinte saída podería ser máis longa? E, se pode ser, de comer.
A min a saída gustoume pola maneira de facela, como por exemplo poder investigar polas rochas a ver que animais atopabamos, ou polas libretas que nos deu Angustín nas que había imaxes sobre o que había por alí e preguntas sobre o que podiamos observar ou o que el nos explicaba.
Tres aprendizaxes para min foron: que o fondo rosa dalgunhas rochas que había nas pozas era un tipo de alga; que os arneiróns era o animal que máis se atopaba nesa zona xa que, inda que fosen pequenos, se atopaban por toda a rocha; e que as plantas que crecían alí nas rochas se compactaban.
A saída gustoume, polos seres que vimos nas rochas, sobre todo pola estrela de mar.
Eu póñolle un 7/10 porque a pesar de que me gustou o que vimos, me parece que non vimos moito.
O que máis me gustou foi a estrela de mar, todas as rochas pintadas, e que a xente nos saudara pola rúa.
Polo demais gustoume.
A saída á costa de A Guarda gustoume moito porque aprendín moito e foi moi divertida.
A miña parte preferida foi cando fomos polas rochas buscando distintos tipos de moluscos, e tamén a parte da merenda na praia xa que tiñamos moita libertade.
O que menos me gustou foi que os dous sitios principais que visitamos estaban un pouco lonxe entre eles.
Nesta saída aprendín moitas cousas, unha delas foi a diferenciar os tipos de moluscos na práctica xa que en teoria é moito máis fácil. Tamén aprendín que algunhas plantas viven nas rochas e poden obter auga pola salpicadura das ondas.
En conclusión doulle un 9,5/10. A a min pareceume moito máis interesante esta saída.
Esta saída non me gustou moito xa que foi moi curta e non tivemos moito tempo para o lecer. Mais, aprendín cousas nesta saída á costa do baixo Miño, cousas como:
– Toda a aprendizaxe e a información que nos aportou Agustín sobre as Herbas
de Namorar. E a historia que nos contaron sobre a orixe do nome común desta
planta.
– As curiosidades sobre as salinas romanas de hai 2000 anos. Datos como a
maneira de enchelas da auga do mar, a utilización do sal producida nas
salinas…
– E tamén aprendín que especies abundan pola zona da Guardia, como por
exemplo, os arneiróns, moi presentes na nosa visita á praia.
Gustaríame que na seguinte saída tiveramos máis tempo para desfrutar da natureza.
A saída que fixemos o martes 19 de Abril non me gustou moito xa que o clima estaba moi revolto e entre o vento e todo rematei desubicada e mareada. Pero foi algo persoal xa que isto non foi pola saída en si. O que é certo é que volvín ao colexio coa cabeza repleta de novas ideas. Tiven 3 principais aprendizaxes:
– Algo que me chamou moito a atención é que, entre as rochas, encontrabase unha estrela de mar .Non unha calquera, se non que tiña unha cor peculiar: era morada.
– Tamén aprendín que o cirrípedo mais abondoso na costa do baixo miño é o arneirón, un crutáceo moi común nesa zona.
– Tivemos a opotunidade de ver as salinas romanas, formadas por estanques. Era moi curioso xa que eu tiña visto ese tipo de espazos, sen saber que realmente eran salinas.
Este martes fomos de saída á Garda. A saída, teño que dicir, aínda que a repetiría, que me gustou menos que a anterior. Non tanto pola nosa opinión de se era máis divertida senón porrque en xeral aprendimos menos cousas que na anterior. Na anterior saída chamáronme a atención tódalas cousas que aprendimos naquel espazo natural.
Pero non comparemos. Esta saída foi diferente, porque ata chegar ata aqueles sitios onde parabamos para que nos explicaran algo, o demais do tempo íamos coas nosas amigas disfrutando da paixase e falando entre nosoutras.
Aprendín por exemplo que as “mini lapitas” das rochas, a razón pola que son rugosas, son arneiróns. Ou que as Armerias soportan o vento grazas ás súas follas finas e á súa forma redondeada.
Tamén me gustou camiñar polas rochas e encontrar seres vivos como a estrela de mar morada que atopamos.
Eu teño que dicir que creo que co tema do bus nos portamos un pouquiño mellor que a anterior vez.
Sí, repetiría!
A saída gustoume moito pero ó estar tan lonxe o sitio, non tivemos moito tempo para fixarnos nos pequenos detalles.
Nesta saída aprendimos moito sobre os moluscos e invertebrados que pode chegar a haber nunhas simples rochas, ata encontramos unha estrela de mar!
Despois tamén aprendimos sobre unhas flores chamadas herbas de namorar, que teñen unhas follas finas e viven nunhas condicións moi duras. Sobre esta planta tamén se di que ten un feitizo, capaz de namorar a alguén se lla pos no peto desa persoa.
Por último, vimos unhas salinas romanas feitas para a salazón de peixes. Tratan de hai máis de 2000 anos!
Espero que dentro de pouco fagamos outra saída parecida.
Encantoume saír a A Guarda xa que aprendemos moitas cousas.
En A Guarda está a desembocadura do Río Miño no Océano Atlántico, e tamén hai unha pequena praia cunha costa moi rochosa. Agustín, amigo de Iria, explicounos moitas cousas sobre os moluscos, os distintos tipos de bivalvos e gasterópodos que habitan a costa e tamén nos ensinou o crustáceo máis abundante desta costa, os arneiróns.
Despois fomos ata as salinas, das que hai dous tipos: prerromanas e romanas. As salinas romanas están formadas por estanques onde, cando se evapora a auga do mar, o sal queda listo para ser recolleito.
Antes de ir non sabía que os romanos conseguían sal en estanques de auga mariña e o utilizaban para salgar o peixe. Tampouco sabía que os crustáceos cirrípedos máis abundantes alí eran os arneiróns. Xa os vira moitas veces pero descoñecía o seu nome. Para rematar, sorprendeume moito a gran cantidade de seres vivos que habitan a nosa costa, pero deume tristeza ver que atopamos algún plástico tirado nas rochas.
A esta saída póñolle un 9/10.