14 comentarios en “Saída ao Río Eifonso (1ºB)

  1. Lucía Rodríguez Fernández dijo:

    A min gustoume moito a saída porque a ruta que fixemos ata chegar ao lugar onde traballamos foi moi bonita. Eu nunca estivera nese río e pareceume moi bonito.
    Gustoume moito a actividade que fixemos sobre a identificación de seres vivos. Non me imaxinaba a cantidade de cousas que nos podiamos atopar alí. A actividade de analizar as bandeixas pareceume súper interesante. Ademais, a min máis ao meu grupo, tocounos ao comezo unha bandeixa moi curiosa, tiña un xuvenil de píntega (parecía un axolote!), e, aínda que era algo pequeno, pareceume precioso. Ademais a nosa profesora Iria explicounos que era unha cría que estaba no proceso de metamorfose. Despois cando intercambiamos as bandeixas, e puiden ver as dos outros grupos, tamén me pareceron moi interesantes.
    O primeiro que fixemos ao baixar do bus foi ir por un camiño ata chegar a unha zona onde deixamos as mochilas e merendamos. Mentres, Iria estivo collendo mostras do río para despois analizalas. Tamén analizamos un pouco de auga dese río.
    Despois de analizar a auga xa pasamos a analizar especies e cada grupo tiña que, nunha ficha que nos deu a profesora, ir marcando todos os seres vivos que íamos atopando. Despois ao intercambiar as bandeixas puidemos ver e coñecer moitas especies máis.
    Eu á saída doulle un 10/10 porque me gustou moito e penso que nesta saída quizais puidemos participar un pouco máis que nas outras. Tamén tivemos unha boa temperatura e iso fixo que se pasara mellor. Ademais na zona na que estivemos, ao estar ao lado do río, podías refrescarte un pouco, sempre con coidado.
    Esta saída fíxoseme moito máis curta cas outras e penso que iso sucedeu porque me gustou moito máis. E si que repetiría e recomendo que se siga facendo nos seguintes anos xa que para min foi unha das miñas favoritas, e tamén creo que foi na que máis cousas aprendín. Moitas grazas a Iria e Rafa por levarnos ata alí e explicarnos todas as cousas.

  2. Uxía Ma. Pérez García dijo:

    Esta saída ao río gustoume moito xa que puidemos observar moitos animais vertebrados e invertebrados (ex: ras e os seus ovos) que viven no río.
    Aprendín moitas cousas, pero as que máis me gustaron e impresionaron foron as seguintes:
    – que a temperatura da auga do río era bastante fría, considerando que a zona na que estábamos estaba tapada por un teito de ramas e follas que nos protexeron do sol
    – que a auga estaba moi limpa e pouco contaminada, cousa que é fundamental para que as vidas dos seres vivos que alí habitan se desenvolvesen en boas condicións.
    Unha actividade que disfrutei moito, e aproveitei ao máximo, foi a de clasificar os insectos nunha folla con todos os seus nomes para axudar a avaliar a calidade de vida nas augas dese ecosistema.
    Eu doulle un 10 de 10 a esta saída pedagóxica, xa que pareceume moi divertida e entretida. Sen dúbida a repetiría!

  3. Carla García Alonso dijo:

    Na saída que fixemos o pasado venres ao río Eifonso puidemos aprender moitísimas cousas sobre a natureza, seres vivos diferentes aos que sempre adoitamos ver, especies novas…
    Foi unha saída moi entretida e, a pesar de que tivemos que aprazala polo tempo, valeu completamente a pena para poder gozala ao máximo!
    A saída elaborouse dunha forma moi didáctica e entretida, xa que realizamos distintos tipos de actividades, como coller mostras de auga e medir o seu ph, buscar na auga do río diferentes tipos de seres vivos curiosos e marcar nunha ficha cales atopabamos, e o entretido era buscar cal se parecía máis.
    Algo que me encantou foi que, á parte de ver cousas relacionadas co río, tamén puidemos dar un paseo pola zona e coñecer máis a nosa contorna.
    Como en todas as saídas, darlles as grazas aos profesores que fixeron isto posible e se esforzaron para que nolo puidesemos pasar ben e poder facer algo diferente.
    A nota que lle daría a esta saída é un 10, xa que para o meu gusto foi a mellor saída que fixemos ata agora.

  4. Candela Martínez Salgado dijo:

    A saída ao Río Eifonso encantoume. O clima tamén foi moi adecuado, xa que facía calor pero tampouco moito.
    As actividades desta saída foron diferentes das outras, pero tamén foron moi interesantes. Sorprendeume que ao botarlle a un pouco de auga do río unha pílula puidesemos ver a cantidade de contaminación que este ten segundo a cor que saise. Tamén foi fascinante a cantidade de especies que hai e a súa función como indicadores de contaminación.
    Eu xa fora ao río e non sabía cantas especies había!
    A ruta que fixemos foi moi bonita, e gustoume moito a fervenza. Daríalle un 9’5 a saída porque me tería gustado que estivesemos máis tempo. Pero foi moi divertida porque tamén tivemos máis actividades libres que nas demais, encantaríame repetir!

  5. Emma Pujales Pachón dijo:

    A min gustoume moito esta saída xa que é agradable saír da contorna do colexio. Foi moi divertida e aprendín moitas cousas que antes non sabía.
    O primeiro que fixemos ao chegar foi situarnos ao carón dunha capela para que a nosa mestra nos explicara o que íamos facer. Logo, empezamos a baixar por unha costa na que, ela mesma, nos explicou un tipos de planta invasora que había alí.
    Ao baixar toda a costa, chegamos ao río. Acto seguido, sentámonos nun círculo e escolleron a voluntarios para coller mostras de auga e así poder analizala. Os resultados indicáronnos que a auga estaba pouco contaminada e que había o oxíseno preciso que necesitan os animais que habitan alí.
    Despois disto, nós empezamos a merendar, mentres que os mestres collían, nunhas bandexas, mostras que contiñan diferentes tipos de seres vivos, cos que logo faríamos a seguinte acctividade. A actividade consistía en, cunhas fichas con especies de seres vivos que podían habitar alí, achar que especies había na nosa bandexa.
    Ao rematar, a nosa mestra, deixounos meternos un pouco no río, e xogar alí, pero cunha condición: non destrozar e respectar o medio natural; e así o fixemos, non lle fixemos dano a nada.
    Despois disto, fomos a dar un paseo, mentres que os mestres nos ían ensinando e explicando as diferentes paisaxes que había alí e os seres vivos que habitaban neles.
    E por último ensináronos unha cascada e muíño que hablía e as súas características.
    Logo xa nos subimos ao autobús.
    Eu a esta saída doulle un 10, xa que me gustaron moito as cousas que fixemos e divertinme moito. Repetiría sen dubidalo!!!

  6. O pasado 27 de maio tivemos a sorte de gozar doutra xornada de lecer, e máis de aprendizaxe, na natureza. O noso destino, aínda que se atopaba ben preto do colexio, era ata o momento un gran descoñecido para moitos de nós. Toda a información facilitada, respecto da gran biodiversidade que acolle a contorna do río, e a súa riqueza natural, tras a experiencia vivida alí, podo afirmar, é totalmente verdadeira.

    Durante a mañá descubrimos moitas especies descoñecidas. A que máis me chamou a atencion foi a planta invasora » amor de home». Abraioume que nun recuncho da veiga, a planta estivese cuberta cunha gran bolsa negra, para evitar que se espallase e prexudicase ao resto de vexetación que se atopaba ao seu arredor.

    Grazas á saída e aos experimentos feitos puiden verificar o baixo grao de contaminación existente no ambiente. Impresionoume moito e creo que este feito a todos nos fixo pensar e, a moitos, propornos ser máis respectuosos coa natureza. Coido serei quen de cumprir este obxectivo!

    Porén, o mellor momento foi o intre no que nos metimos no río.

    O resumo da saída é que foi unha experiencia única e inesquecíbel que me permitiu tomar conciencia da necesidade de comezar protexer urxentemente a natureza que está a sufrir coa actuación de todos nós. A foto do grupo, un marabilloso recordo!

  7. Victoria dijo:

    Fixemos a saída ao río Eifonso fai uns días. Fomos en bus desde o colexio ata o río. Primeiro vimos as árbores autóctonas e invasoras que se atopaban no monte preto do río.
    Logo tiñamos que saber como de contaminado se atopaba o río, para isto fixemos as seguintes cousas: dúas persoas mediron a temperatura da auga, para iso collimos botellas e as enchemos de auga para meter logo o termómetro. Tamén tivemos que medir a cantidade de osíxeno que había na auga; para iso collimos auga e logo botamos unha pílula que facía que a agua cambiara de cor. O mesmo para analizar o pH, nitratos, etc.
    Unha vez tiñamos eses datos xa podíamos saber como se atopaba a auga.
    Mentres nós merendabamos a nosa mestra colleu animais do río nunhas bandexas e segundo os animais que había na auga, este estaba en mellor ou peor estado pois había animais máis comúns e outros mais raros (máis esixentes en calidade).
    Ao final da saída fomos a unha cascada e debaixo había unha especie de cova.
    Así foi a nosa saída. Foi moi interesante e paseino moi ben.

  8. Antón González Lois dijo:

    Nesta saída fomos ao río Eifonso, este espazo de traballo é o máis próximo ao colexio.
    Creo que foi unha das miñas saídas favoritas, se non é a miña favorita.
    Camiñamos moito e encantoume poder estar no río e desfrutalo, creo que foi unha das miñas partes favoritas desta. Pero a miña parte favorita da saída, sen ningunha dúbida, foi cando identificamos especies, foi moi divertido! Tamén quero falar da ruta que fixemos a pé, xa que foi moi bonita e foi xenial gozar da nosa contorna natural nun espazo coma este.
    A nota numérica que lle dou é un 10. É unha saída marabillosa e non cambiaría nada, foi espectacular! A seguinte saída que fagamos ten o listón moi alto.
    Tamén me gustaría comentar que foi unha saída un pouco diferente do normal. Non sei por que, pero sentín que era diferente no bo sentido.
    En conclusión esta saída foi PERFECTA.

  9. Adriana Rodríguez Pérez dijo:

    Gustoume moito a saída. Pareceume moi divertida e puidemos ver a paisaxe que nos ofrece a nosa natureza.
    Tamén me gustaron as actividades que fixemos, tanto como na que puidemos observar os diferentes tipos de seres vivos que habitan no río como na que collimos mostras de auga para observar o seu estado de contaminación.
    Tamén me gustou a cascada que vimos e a oportunidade de pasear polo monte e poder ver e descubrir máis sobre a natureza.
    Eu doulle un 10. Grazas aos profesores por ofrecernos esta oportunidade.

  10. Nicolás Álvarez dijo:

    Lo primero que quiero hacer aquí es darle las gracias a nuestros profesores por dejarnos hacer esta maravillosa salida que nos entretuvo toda la mañana con el gran paisaje que el río Eifonso deja a su paso. Sobre todo agradecer la compañía de Iria y Rafa por acompañarnos durante la gran travesía enseñándonos y explicándonos todo lo que encontrábamos a nuestro paso de forma divertida y efectiva hacia el alumnado.
    Habiendo dado las gracias procederé a decir que esta probablemente será la salida que más me guste del curso, ya que la belleza del lugar que visitamos me parece preciosa, cosa que ayuda a entender por qué la gente intenta mantener estos lugares limpios y alejarlos de la contaminación, que en el río ya citado no está demasiado presente, dejando a la gente pasear tranquilamente y respirar aire limpio, de gran calidad.
    En esta salida también aprendimos sobre las características de las aguas y sobre como medirlas. Gracias a los profesores de nuevo pudimos ser nosotros quienes midiésemos esas características para una organización importante que recoge datos sobre las aguas, que en nuestro caso se encontraban dentro de lo normal.
    Por último y para mí más importante, me gustaría comentar una actividad que hicimos sobre la biodiversidad del río recogiendo varios macro-invertebrados en las que todos pudimos ver cuántos animales hay en estas hermosas aguas, la mayoría bio-indicadores, lo que quiere decir que solo aparecen en sitios con unos requisitos que en la mayoría de los casos, un lugar contaminado no alcanza a tener, indicando así que lugares se ven más afectados por la contaminación hoy en día. Después de observar a los tan alucinantes animales, los devolvimos a su hábitat, donde probablemente en este momento vivan felices.

  11. Jacobo Álvarez Fernández dijo:

    Gustoume a saída, pero foi un pouco aburrida, doulle un 7/10 porque tardamos moito en facer as actividades, pero gustoume moito poder bañarme no río e analizar o medio ambiente.

    Eu repetiría a saída, pero teríamos que ter máis tempo para poder facer as actividades.

  12. Amaia Silvariño Casal dijo:

    A min a saída gustoume, estivo moi ben. Descendimos polo sendeiro cara o río, cando xa estabamos nas beiras do río asentamos as mochilas, fixemos unha análise das augas e nos puxemos a merendar.
    Ao comezo, a mestra comenzou a explicar onde nos situabamos, as especies que había… Logo da explicación empezamos a coller nuns tubos auga para experimentar con ela. Medimos o pH e a cantidade de osíxeno que había na auga. Os resultados foron moi bos.
    Os mestres que nos acompañaban colleron algunhas especies e colocáronas en bandexas. Eu polo menos vin moitas cousas interesantes.
    Cando acabamos continuamos a ruta polo sendeiro, sempre acompañados do río. Ata houbo unha cascada que era espléndida.
    En resumo, a saída foi xenial e paseino moi ben, pero sería mellor que non fixera tanta calor.

  13. Laura Conde dijo:

    Esta última saída ao Río Eifonso resultoume bastante interesante, sobre todo cando puidemos ver toda a clase de seres vivos que alí vivían. Foi o que máis me gustou, encantoume de verdade. Puidemos ver moitos seres dos que non sabía nada; incluso tamén despois intentar identificalos cos meus compañeiros seguindo unha guía.
    En xeral, sempre me gustan as saídas, a quen non!, pero creo que esta foi a miña favorita.
    Foi divertido falar sobre o osíxeno na auga e aprender sobre iso.
    Camiñar por aquel lugar vendo a natureza tamén foi unha cousa que desfrutei moito; ver algúns tipos de especies invasoras e moitas máis cousas que desfrutei.
    Pensei durante algún tempo, pero a pesar diso, non se me ocorreron cousas que cambiaría da saída.
    Así que en total, foi un 10\10.

  14. Yann Freita Martínez dijo:

    A saída ao río Eifonso para min foi a mellor saída deste curso polo de agora. Nesta puidemos facer unha actividade fóra da escola e romper un pouco a nosa rutina do día a día. Considéroa a mellor porque foi a máis variada: participamos máis nas prácticas, puidemos meter os pés no río, tivemos máis tempo libre…
    Chegamos a un río chamado Eifonso, afluente do Lagares, no Val do Fragoso das aforas de Vigo. Estaba no medio dun bosque de ribeira, rodeado de eucaliptos, que son unha especie invasora moi frecuente en Galicia e aínda que a min me parecen bastante bonitos, deberían ser erradicados porque impiden o crecemento doutras árbores autóctonas e favorecen os incendios, como xa pasou nesa mesma zona de do río Eifonso hai uns poucos anos.
    Despois fixemos varios experimentos coa auga do río: medir o seu pH e a súa temperatura, etc. A continuación Iria buscou, axudounos a identificar e mostrounos moitos dos pequenos animais que viven no río: anfibios como os cágados, moitos insectos diferentes, pero non vimos ningún peixe e aínda que escoitabamos paxaros non identificamos ningún. O río pertence a un ecosistema ripario, é dicir, o conxunto das especies que están nun río e nas súas beiras. Nelas tamén atopamos outras especies invasoras.
    Visitamos o curso medio do río, e vimos unha fervenza. Moi preto da fervenza atopamos un muíño que mostra o aproveitamento que os humanos facían do ecosistema.
    Gustoume moito cando tivemos tempo libre porque puidemos ir explorar un depósito de auga. Este tempo foi o mellor da saída, aínda que a tranquilidade da natureza e escoitar o son da fervenza tamén estivo moi ben.
    Para mellorar aínda máis esta saída eu propoñería alonrgar un pouco o tempo libre, acortar o tempo da merenda e identificar máis especies de animais do río.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *