17 comentarios en “Saída ao Río Eifonso (1ºA)

  1. Ainara Blanco Castelo dijo:

    Onte fomos de saída ao río Eifonso, un espazo natural que é xenial para aprender e pasalo ben cos nosos amigos e amigas.
    A mín, esta saída, ao igual cas outras, gustoume moito, aínda que se me fixo un pouco longa.
    A miña actividade favorita foi ter que atopar macro-bichos nas bandexas xa que descubrín un montón de animaliños que eu nin coñecía! Ademais traballamos bastante ben como grupo e iso alédame.
    Tamén tivemos a oportunidade de analizar a auga deste río (que por certo, é excelente :D) e así axudamos a ADEGA cos datos que nós mesmos recollemos.
    Despois de traballar puidemos desfrutar do río, un lugar perfecto para estar fresquiños se fai calor. Algúns compañeiros e compañeiras ata se meteron no río, pero eu preferín quedarme na toalla.
    Estou desexando facer a seguinte saída e que saia tan ben, ou incluso mellor ca esta.

  2. A min gustoume moito a saída ao río Eifonso xa que puidemos observar os diferentes animais que habitaban no río, e as diferentes plantas e árbores que había no seu arredor.
    Tamén me gustou a especie de cabaña con bancos e a ponte de madeira que nos encontramos polo camiño de volta á escola.
    O mellor desta saída foi poder facer diferentes equipos e buscar cunhas pinzas e cunhas bandexas os animais que habitaban nas augas do río. Iria tamén deunos unha guía onde aparecían diferentes animais, e o seu nivel como bioindicador, xa que había algúns moi raros.
    O malo é que se me pasou voando a saída, e podería ter sido mellor se quedaramos a comer e se fixeramos máis actividades.
    En xeral a saída gustoume moito, e por iso póñolle un 8/10 .

  3. Martiño Paz Puime dijo:

    A min persoalmente gustoume moito esta saída, porque unha vez máis puidemos ver especies da natureza no seu hábitat natural, neste caso o río Eifonso, e puidemos disfrutar del, bañándonos. Tamén me gustou que camiñáramos polo bosque aprendendo sobre a súa fauna e flora e que medísemos a calidade da auga do río.
    Creo que o comportamento xeral do grupo estivo moi ben, con xente atenta e sen dispersións.

    Nesta saída aprendemos moitas cousas, como cal é a calidade da auga dun río en función do seu osíxeno disolto, pH, nitratos, temperatura e fauna coa axuda de experimentos; que son os macroinvertebrados e cal é a calidade das augas nas que viven en función de cales e cantos haxa, e que hai unha especie invasora que está a colonizar os nosos bosques.

    Persoalmente repetiría esta saída sen dúbida, polo que disfrutas e aprendes.

  4. Nerea González Otero dijo:

    Esta saída foi diferente ás demais. Fomos ao río Eifonso para recoller mostras da contorna e calcular se é un medio ben conservado ou non. Esta informacion axudará a ADEGA a seguir protexendo a natureza.
    Comezamos pola parte de arriba e fomos baixando. Estivemos a maior parte do tempo nun punto concreto no que, ademais de ver os organismos que habitaban a auga, tivemos tempo libre para merendar e mollar os pés. Depois fixemos o resto do traxecto ata chegar ao bus de volta.
    Como dixen, esta saída foi diferente ao que estamos acostumados, por iso gustoume máis. O ambiente era máis húmido e resgardado e non parecía que estivesemos en clase.
    Eu puntuaríaa con 9/10.

  5. Aroa Sanjorge Cortizo dijo:

    Esta saída ao Río Eifonso gustoume moito porque puidemos contemplar a paixase tan fermosa do bosque e observar as especies vexetais.
    Cando chegamos ao río unha serie de persoas foron a coller auga nuns botes que nos deu Iria. Con esa auga medimos a cantidade de oxíseno e os nitratos que había na auga do río. Tamén cuns termómetros calculamos a temperatura da auga.
    Máis tarde Iria deunos unha bandexa nas que había animais. En grupos tiñamos que clasificar, cunhas guías, as diferentes especies do río.
    As aprendizaxes que máis me gustaron foron:
    1ª Cando medimos a cantidade de osíxeno e nitratos que había na auga.
    2ª A actividade en grupos de clasificar as especies.
    3 Cando nos expiclou que algúns daqueles fentos tiñan miles de anos.
    A miña nota númerica é un 9\10. Eu reptiríaa porque aprendemos cousas novas.

  6. Martín Rodríguez Souto 1º A dijo:

    Esta saída encantoume. Ao principio pensei que non ía a estar entretida, pero ao final foi estupenda. Non nos choveu e o espazo foi marabilloso. Coñecín unhas plantas que non era boas para os bosques, xa que se reproducían rapidamente e cubrían todo o chan. Collemos uns animais pequenos para clasificalos. A parte que máis desfrutei foi estar fóra da escola cos meus amigos e aprendendo cousas de maneira máis práctica.

  7. Alba Bonilla dijo:

    Esta foi a miña saída favorita, todo o que fixemos foi incrible, e atopamos un montón de macroinvertebrados!!!
    A miña parte preferida foi cando puidemos desfrutar da propia maxia da natureza xogando con ela.
    Nesta saída non teño nada que obxectar, xa que todo foi rodado, e ata tivemos tempo de parar en todos os sitios que quixemos no camiño de volta porque tiñamos tempo de sobra.
    Non coñecía o río Eifonso pero sen dúbida volverei.

  8. Érika Pallares Da Concepción dijo:

    A saída ao Río Eifonso foi unha saída moi cativadora xa que nos proporcionou aprendizaxes moi curiosas sobre este río en concreto.
    Esta saída gustoume porque aprendemos diferentes cousas (por exemplo: o pH dese río, a súa temperatura,..)
    A miña parte favorita foi cando collemos auga e vimos os diferentes seres vivos que poden habitar nela, No meu grupo vimos un cágado que estaba en proceso de metamorfose, entre outros moitos seres que vimos.
    Pero tamén outras das miñas partes favoritas foron cando tivemos a merenda e puidémonos bañar no río.
    Algúns dos mellores aspectos desta saída foron:
    -Unha das actividades consistía en que tiñamos que pescudar cal era o pH da auga, segundo a cor que tiña a auga ao mesturala cunhas pílulas.
    -Outra actividade que destacaría sería cando a profe nos estivo explicando sobre unha especie invasora que lle quitaba a luz ás outras; non deixaba que outras especies do seu arredor crecesen. Tamén era moi difícil de quitar do campo onde está.

  9. O anterior martes visitamos o río Eifonso. É un gran parque natural cun pequeno río chamado que desemboca no Lagares.
    Comparando esta saída coa anterior, fíxoseme máis curta. Creo que iso é porque estiven máis entretida.
    Primeiro estivemos collendo mostras de agua no río, para despois analizala. Había unha rama que semellaba un columpio.
    Logo merendamos, e despois puxémonos a investigar insectos do río e caínme na auga…
    Gustosamente repetiría a saída, pero non penso que fose a mellor de todas.

  10. Irene Borges Costas dijo:

    Ai río Eifonso! Cando nos poderemos volver a ver!
    Tan bonita foi a saída que me quero volver achegar a ti, ás túas árbores con liques (ao estilo máis puro do señor dos aneis! 😉) e ás túas augas cristalinas pero cheas de vida imperceptible ao ollo humano!
    Inda que o río en si non era moi grande, a fauna e a flora deste lugar, é casi imposible de avistar noustros lugares de Vigo (por desgraza) e non só iso, senón que a cousa máis simple é especial no teu lugar! Como a calidade da auga e de o aire!
    Do 0 ao 10 eu daríalle un 8, polo feito de que me fixen dano e que non cheguei a comprender algunhas cousas, como que é o pH.
    Mais a saída estivo ben e a rama que había no curso do río era moi graciosa. Non nos parabamos de balancear nela, que divertido!

    Bos días a todos e ata a seguinte saída!

  11. Malena Cao dijo:

    A saída ao río gustoume moito, porque pareceume que o pasamos moi ben e puidemos contactar coa natureza e desfrutar dela.
    Tamén aprendemos moitas cousas, como a que temperatura se encontraba o río, e a repercusión disto, ou que tipo de animais ou insectos se encontraban nel .
    O único que melloraría é que tivemos que camiñar bastante e tamén tiven a sensacion de que se me fixo un pouquiño longa, pero foi unha das miñas saídas favoritas en todo o curso. A única decepción que tiven foi que pensei que o río ía ter máis auga para poder mollarnos mellor, pero polo demais gustoume moito.

  12. Pedro Figueroa Garea dijo:

    Cando chegamos dirixímonos directamente ao río onde Iria nos explicou as probas científicas que fariamos a continuación. Tratábase dunha análise de pH, nitratos e osíxeno da auga para poder determinar a súa calidade.
    Mentres Iria recollía mostras de seres vivos, nós merendamos e ao acabar estivemos un intre investigando nas nosas bandexas para ver que atopabamos.
    Ao finalizar comezamos a nosa viaxe de volta ao autobús onde observamos incribles paisaxes e varios muíños antigos.
    Tamén observamos algunhas obras de arte que a xente construíra con paus no camiño, pero algunhas estaban destruídas.

    Esta saída persoalmente gustoume moito, porque aprendemos moitas cousas e pola incrible contorna na que nos atopabamos.

  13. Manuel Orío de román dijo:

    A min gustoume porque tivemos moito tempo libre e tamén fixemos cousas moi chulas como o de coller auga do río e ver os bichos.
    Tamén a análise da auga do río, que non me acordo a que graos estaba .
    En xeral estivo moi ben, pero eu quero que a do venres sexa a mellor.

  14. A saída ao río Eifonso gustoume moito porque foi moi interesante e divertida. O que máis me gustou foi a actividade de encontrar seres vivos en bandexas cheas da auga do río.
    O que non me gustou moito foi que tiveramos que merendar no chan que estaba húmido.

    Tamén quero contar o que aprendín na saída:
    1. Aprendín a como medir a temperatura, pH da auga, etc… e saber que tan acida é.
    2.Tamen aprendín como saber se unha zona está contaminada ou non (se ten liques e algunhas especies de macroinvertebrados non está contaminada)
    En total doulle un 8,98/10.

  15. Rodrigo Molares Rey dijo:

    Esta saída gustoume moito xa que o pasei moi ben. Empezando que nada máis chegar había unha especie de liana colgada dunha árbore na cal podíamos colgarnos e utilizalo como unha tirolina.
    Despois de explicarnos todo e facer unhas análises, merendamos, e Iria meteuse no río para coller animais e mais tarde, analizalos e clasificalos seguindo unhas fichas de identificación.
    Despois de todo iso sacamos unhas fotos de grupo e marchamos de volta. No bus de volta puxemos música e estivemos cantando e todo. Doulle un 9/10 para min.

  16. Estela Fernández Comesaña dijo:

    A min gustoume moito a saída porque aprendimos moito sen ter que ir moi lonxe.
    A saída en xeral foi divertida e interesante pero o que máis me chamou a atención foi o fácil que é ver o pH da auga e a súa calidade. O pH, entre outros factores, demostrounos que a auga era de boa calidade, pero puidemos comprobalo ao buscar e ver insectos e bichos que só viven en augas boas e limpas.
    Paseino moi ben e disfrutei moito da experiencia e da natureza que nos rodeaba e, sen dúbidda algunha, a repetiría.

  17. Guillermo Suárez García dijo:

    A saída gustoume bastante, porque tivemos moito tempo libre e era un sitio moi bonito e con moita natureza. O que mais gustome foi o tempo libre, poder investigar que tipo de ser tiñamos naquela caixiña e aquelas dous arañas «OPILION» xigantes que vimos no molino (que tamén me gustou moito) e nunha folla. Eu a saída poñolle un 8/10 porque en xeral estivo moi ben e fomos con tempo.

Responder a Carlota Campuzano Vázquez Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *