
Gran marea baixa! Entre algas e areas movedizas 🙂 Polas futuras xeracións! Quedámonos pegados! Zostera e galerías da Arenicola Lebre de mar Postas de ovo de Arenicola marina Un mar de algas! Gozando do mar Espertemos os sentidos! Viva a textura das algas! 🙂 Analizando as augas Analizando as augas DESFRUTANDO, COMPARTINDO e APRENDENDO XUNT@S!
Ola, hoxe vou falar sobre a última saída do ano á Ramallosa por segunda vez. Foi o pasado martes 14 de xuño.
Esta saída gustoume máis ca outras xa que foi menos teórica. Ao principio foi un pouco noxenta xa que a algunhas persoas non lle gustaba moito a area e tampouco os animais mariños.
Logo andivemos un pouco para poder bañarnos.
Foi entretido xa que o xogo que fixemos era divertido e a actividade do protector solar foi interesante.
Esta saída foi a que máis me gustou. Doulle un 10 e resalto as aprendizaxes do protector solar e a que fixo Carolina dos sentidos, cos ollos vendados. Houbese preferido máis tempo de baño, aínda que as profesoras nos deron o máximo tempo posible.
Gustoume moito. Grazas.
A min pareceume unha saída moi boa, incluso diría que foi a mellor do ano.
O traxecto en bus non foi excesivamente longo pero foi o suficiente para que sexa disfrutable é ter un momento de falar e relaxarse.
Ao principio non era moi atractivo debido a que a praia estaba repleta de algas e desprendía un olor pouco agradable. Nada máis entrar na praia descalzámonos e camiñamos ata a beiramar. Alí recollimos mostras de auga para medir a súa temperatura e niveis de acidez (pH).
Despois camiñamos ata o centro da praia inda que o olor non o fixo moi agradable. Cando chegamos faláronos da crema solar e as súas vantaxes e desvantaxes. Deixáronos merendar e desfrutar nun baño con moita liberdade. Cara ao final organizaron uns xogos moi entretidos e aprendemos algo sobre as dunas.
En conclusión, foi unha gran saída e dáme pena que sexa a última con Iria porque estas saídas son moi divertidas e espero facer máis en segundo.
Esta saída gustoume moito, estivo xenial.
A verdade é que ma agardaba algo peor, nunca imaxinei unha saída escolar tan boa! Inda que ese día tiven unha alerxia tremenda, foi incrible!
Ao comezo dabame certo noxo camiñar descalza entre algas, as areas que afundían, etc; mais logo estivo moi ben.
O saber que se o facíamos correctamente, despois nos íamos bañar na praia, motivounos a facelo todo xenial!
Doulle un 10. Oxalá repetir sempre estas aventuras pola natureza! É unha mágoa que pasara a tanta velocidade este ano. Oxalá seguir indo a saídas coma esta sempre!
Grazas por facer posibles estas viaxes!
A saída que realizamos o anterior martes foi moi divertida. Unha das mellores saídas do curso, e valeu a pena ir. Unha das razóns polas que nos gustou á maioría era polo espazo que nos rodeaba, a praia. Ao principio a xente estaba un pouco asqueada porque pisamos bastantes algas para poder investigar que podiamos atopar alí. Vimos cousas alucinantes. Outra é a actividade que fixemos foi ver cales eran os compoñentes da crema de sol para ver o que nos estabamos botando constantemente na pel, e démonos conta de que había bastantes químicos malos, e aprendemos cales eran os mellores para a nosa pel. A actividade máis divertida consistía en taparnos os ollos e despois que alguén nos guiase para experimentar novas experiencias. En última, investigamos as plantas que podiamos atopar nas dunas.
Á parte, puidemos bañarnos e xantar, gozando do sol e da contorna que nos rodea.
Foi unha saída moi ben organizada e pensada en nós.
Moitas grazas ás profesoras que fixeron esta saída posible. Doulle un 10.
A saída á Ramallosa foi moi divertida. Alí pasámolo moi ben.
Primeiro, estivemos vendo a temperatura do mar mentres estabamos coa marea baixa. Estabamos pisando algas que tiñan unha textura moi rara, e se non pisábamos as algas pisabamos a area mollada, onde te afundías.
Non pouco despois fomos paseando pola praia, onde olía moito a ovo podre, ata que chegamos a unha parte onde non olía é alí nos instalamos para merendar e bañarnos durante uns 40 minutos.
E por último estivemos facendo un pasatempo moi divertido xogando co medioambiente. Despois diso fomos ao autobús.
Para min esta saída foi a mellor de todas e paseino moi ben. Doulle un 9,5 porque non puiden bañarme porque non trouxen o necesario, e iso fastidioume bastante.
Esta foi a miña última saída con este cole e quedoume un bo recordo del.
A saída á Ramallosa foi a miña saída favorita xa que aprendemos un montón de novos conceptos.
Para empezar, a saída foi o martes pasado. Saímos do colexio ás nove e media e a viaxe en bus foi moi agradable. O bus deixounos ao lado da praia da Ladeira, onde emprendimos a nosa viaxe. Cando chegamos á praia, estaba en plena marea baixa e a primeira actividade que fixemos foi nas algas, onde estivemos medindo o nivel de pH que ten o mar. Logo seguimos polas algas ata chegar á zona onde almorzamos, ao lado das dunas que estaban sendo destruídas polos turistas que chegan e non respectan. Antes de almorzar fixemos unha actividade mirando os compoñentes tóxicos que tiñan as nosas cremas de sol. Logo de almorzar veu a miña parte favorita da saida, que foi cando nos bañamos no mar.
Esta saída creo que foi moi educativa e chea de cousas novas.
O vindeiro martes fomos a Ramallosa. Esta foi a nosa segunda vez, e foi a última saída deste curso.
Nesta segunda saída fomos á outra parte da praia, xa que a anterior vez non fomos tanto a praia.
Ao principio da saída xa fomos a praia directamente, cousa que na anterior fóramos primeiro á marisma.
Unha vez na praia fixemos o mesmo que no río, pero analizando a auga salgada: o pH, o osíxeno e os nitratos. Vimos que había menos cantidade de osíxeno, xa que o sal da auga ocupa lugar e por iso atopamos menos cantidade que na auga doce do río. Mais non só por iso, tamén porque a temperatura da auga salgada era máis quente, é dicir, había máis enerxía e por iso o osíxeno disolve menos.
O pH era máis básico que no río, e os nitratos non os dimos identificado xa que apareceron outras cores das que non estaban na folla.
Logo de analizar a auga vimos diferentes cousas como por exemplo unha especie de xelatina (posta de ovos), cangrexos…
Cando xa fixemos isto, camiñamos un pouco e despois disto nos sentamos en círculo e analizamos as nosas cremas solares. Iria díxonos que algunhas podían conter produtos canceríxenos ou que alteraban as hormonas. Non todas as cremas tiñan substancias malas para a saúde, pero a maioria das cremas tiñan algúns compoñentes malos.
Máis tarde, despois de merendar e bañarnos, fixemos unha cousa que nunca antes fixeramos. Coa nosa mestra de plástica fixemos unha proba de sensación. Tiñamos que ir en parellas, un cos ollos vendados, pola praia para sentir a area, a auga…
Cando rematamos de facer isto fixemos un xogo por grupos moi divertido. Tiñamos unhas tarxetiñas con pistas para adiviñar as plantas que se atopaban nas dunhas. Moitas dunas teñen perigo de destrozarse, por iso algunhas non se poden pisar para que se recuperen. Isto foi o caso da duna na que estivemos pero xa se estaba recuperando.
Esta saída foi a miña favorita. Foi moi divertida e moi interesante. Doulle un 10 de 10.
Está a rematar o curso, e esta foi a última saída do curso, para aprender e desfrutar do medio natural. Fomos á Ramallosa e estivemos na praia e nas dunas. Había moitas algas ás beiras do mar, polo que olía moito. Nesa saída puidemos bañarnos, aprender un pouco, facer xogos… Paseino moi ben!
Esta foi a segunda vez que fomos, e ao chegar fomos directamente á praia, e non como a outra vez. Analizamos o osíxeno, o pH e os nitratos da auga, e saía que tiña algo de contaminación, e Iria díxonos que podía ser porque chegaba algo de augas fecais por esa zona. Atopamos unha masa moi viscosa que daba un pouco de asco, e eran os ovos da Arenicola marina. Tamén encontramos os buratos das galerías que fan estes bechos, e unha lebre de mar morta.
Máis tarde sorprendeunos unha actividade que preparou Iria. Tratábase de ver os ingredientes das nosas cremas do sol, para ver se tiñan algún compoñente dos sospeitosos de facer dano á nosa saúde e ao medio natural. Díxonos que as cremas facían moito dano aos arrecifes de corais, por iso os surfistas eran moi quisquillosos nas cremas e nos seus compoñentes.
Outro xogo que fixemos era de colocar un poema que nos daba Iria no seu lugar correspondente, por exemplo se falaba de que eran verdes e que parecían leitugas, poderían ser as leitugas de mar (algas).
Esta saída pareceume moi interesante e divertida, e moi guai como última saída todos xuntos antes do verán.
Daríalle un 9´5 porque na saída do Río Eifonso estivemos todos máis coordinados que nesta. Gustaríame repetir e estar máis tempo alí.
Nesta saída fixemos o cálculo da cantidade do O2 que hai na auga. Tamén calculamos a cantidade do pH (que era algo básico). Tivemos bastante tempo libre, o cal algúns invertiron en bañarse, outros en charlar e outros en xogar ao futbol. Logo merendamos todos xuntos. Fixemos un xogo que consistía en adiviñar distintas plantas e árbores con adiviñanzas que nos deu Iria ( A PROFESORA ). Esa actividade non me gustou moito porque a mín iso de identificar árbores non me gusta moito, pero como estabamos cos amigos non o pasei tan mal en aquela actividade.
A miña parte favorita da saída foi o tempo libre, o que menos me gustou foi a calor.
Moitas grazas por esta última experiencia inolvidable que xa nos deu esa sensación de verán tan importante e que tanto precisabamos.
Á parte do gran traballo feito nesta saída puidemos darnos un gran baño no mar, o que nos deixou desconectar do mundo dos estudos.
Tamén terei en conta neste comentario a actividade que fixemos, a cal espertou catro dos nosos sentidos anulando un deles; neste caso a vista.
Como sempre nas saídas, tivemos a nosa dose de curiosidades: nesta saída aprendemos que compoñentes levan as cremas solares que son prexudiciais para o mar, especialmente en moitos casos para os arrecifes de coral e os peixes que habitan neles.
A alegría foi moi fácil de encontrar no rostro dos meus compañeiros durante toda a saída, excepcionando a andaina do principio, que no meu caso foi desagradable polo olor de baixamar.
Grazas por todo.
Esta segunda saída á Ramallosa encantoume por moitas razóns .
Foi moi divertida e interesante xa que fixemos moitas actividades onde puidemos participar todos, como cando medimos o pH da auga e canto osíxeno habia nela . Tamén hai que destacar que case ao final da saída deixáronnos bañar. Foi unha experiencia inolvidable que non cambiaría .
Se tivera que dicir se repetiría ou non, diría que si ,xa que a maioría da xente pasouno xenial, incluída eu. Se tivera que puntuar a saída, daríalle un 10 xa que o pasei xenial e non cambiaría nada.
Esta saida gustoume moito, xa que foi moi divertida e aprendemos moitas cousas. Gustoume moito saír de contorna do colexio, e máis inda, se coñezco xa o espazo no que íamos traballar.
O primeiro que fixemos ao chegar á praia foi buscar distintos tipos de seres vivos que podíamos encontrar na beira do mar, que esta chea de algas. Alí encontramos seres como: cangrexos, lebre de mar, masas viscosas,…
Despois diso, merendamos, e , ao rematar, démonos un baño no mar. A auga estaba boísima!
Cambiámonos, e deixáronos comprar un xeado nun posto que había alí.
Logo, xogamos a un xogo por parellas, que consistía en que un se tapaba os ollos cun pano de tea, e o outro tíñao que guiar, e darlle cousas para que as tocase, e el tiña que adiviñalo.
E por último, fixemos unha acctividade de adiviñar os diferentes tipos de plantas que había alí.
Esta saída gustoume moito, precisamente a mellor de todas.
Ao chegar a nosa profesora comezounos a dicir o que íamos facer ao longo deste tempo. Ao rematar, quitámonos os zapatos e comezamos a investigar: observamos os anélidos subterráneos que botaron moitos restos de area limpa tras alimentarse da sucia. Tamén ollamos algas e unha masa viscosa que eran postas de ovo de arenícolas mariñas.
Despois dun curto traxecto, e dun mal olor a marea baixa, chegamos a unha duna na que comprobamos se a nosa crema solar era daniña para o corpo e a continuación deixáronnos merendar e poder bañarnos, nun tempo de tres cuartos de hora para darnos tempo de rematar o que tiñamos que facer.
Finalmente en grupos de cinco estivos tentando realizar unhas adiviñanzas. Foi unha saída incríbel e serviume como a excursión de fin de curso aínda que non se semella moito ao non poder quedarnos a dormir.
O pasado martes 14 de xuño fixemos unha saída á Ramallosa. Estivemos dando un paseo polo espazo natural. Na praia fixemos unhas mostras para ver a calidade da auga na Ramallosa e as mostras indicaron que a calidade da auga non era moi boa.
A parte que máis me gustou foi o baño e tempo libre que tivemos. Para min foi a mellor saída do curso.
Antes de comezar quero dicir que esta saída foi brutal! Encantáronme todas as actividades que fixemos. Desde camiñar descalzo entre as algas ata bañarnos na auga e facer unha actividade cos ollos vendados.
O primeiro que diría neste breve resumo é que ao chegar tivemos que quitarnos os zapatos para pasear entre as algas e facer unha breve análise da auga. Despois fomos á area e sentámonos nun recuncho a analizar as nosas cremas solares, o cal foi moi interesante. Despois merendamos e nos bañamos no mar. Chegando ao final do día, fixemos unha actividade con Carolina, a profesora de arte. Esta consistía en taparnos os ollos con vendas para experimentar sensacións da nosa contorna e utilizar os outros catro sentidos. Como última actividade fixemos unha especie de xogo no que cunhas cartas con enigmas, había que adiviñar de que elemento da praia se trataba. Foi moi interesante!
Nesta saída non melloraría nada. O percorrido, as actividades, o baño… Todo perfecto. A nota que lle dou é un 10/10, xa que como dixen antes non hai nada que se poida mellorar, foi xenial. Ademais, penso que nesta saída puidemos participar máis e houbo unha boa temperatura. Por iso repetiría claramente.
Grazas a Iria e Carolina por levarnos a ese espazo de traballo!
A min esta saída gustoume moito porque todas as actividades que fixemos foron moi entretidas e curiosas. Ademais eu xa estivera nesa praia pero non coñecía nin sabía moitas das cousas que aprendín na saída.
As dúas profesoras que viñeron connosco, Iria e Carolina, fixeron que a saída fora moi entretida. Ademais era a primeira vez que facíamos unha saída con Carolina, a nosa profesora de plástica, e gustoume moito que ela viñera con nós.
O primeiro que fixemos nada máis saír do bus foi dirixirnos á praia. Alí fixemos a primeira actividade que consistía en ver e analizar os compoñentes dos nosos protectores solares. Iria deunos unha ficha onde estaban anotados algúns dos compoñentes das cremas solares, aparecían os seus nomes, tamén aparecía se eran malos ou bos para a nosa pel e porque.
Despois seguimos camiñando e todos nos decatamos de que a marea estaba excesivamente baixa e a profesora explicounos que era a causa da lúa chea desa noite.
Logo seguimos camiñando e se nos enterraban os nosos pés polas «areas movedizas». Esas areas estaban nunha zona onde estaban moitas algas estancadas pola marea tan baixa que había nesa praia. Polo noso camiño atopámonos algúns cangrexos, había de varios tamaños: grandes, medianos e pequenos. Tamén vimos unha lebre de mar, a cal era moi curiosa e eu non a vira antes. Ademais había ovos de Arenicola marina, que eran como unha masa viscosa. A algúns dos meus compañeiros non lles gustaba nada o tacto pero a min encantoume.
A seguinte actividade que fixemos foi darnos un baño na praia, inda que eu non quixen meterme na auga, pero creo que o houbera pasado xenial se o fixera.
Despois fixemos outra actividade, a cal estaba en mans da profesora de plástica, Carolina, que consitía en taparnos os ollos cun pano e coa axuda dun compañeiro fomos tocando obxectos que había pola praia tratando de adiviñalos e así puidemos experimentar o que sinte unha persona cega; esta actividade foi a miña favorita da saída porque, inda que ao principio non me fiaba moito da miña compañeira, fun collendo confianza con ela e ao final paseino xenial con esta actividade.
A última foi a análise das augas, esta actividade sempre me resulta moi curiosa porque collemos un pouco de auga e disolvemos unha pílula dentro dela e xa podemos averiguar algo das augas nas que nos atopamos. Neste caso observamos que o osíxeno no mar non era tan alto como no río, podería ser debido a que este último se atopaba no medio do bosque rodeado de plantas as cales producen osíxeno.
A nota númerica que lle dou a esta saída é un 10/10 porque me gustou moitísimo, paseino xenial e aprendín moitas cousas. Por último moitas grazas ás profesoras Iria e Carolina por acompañarnos e por ensinarnos todas esas cousas.
O pasado martes 14 de xuño tivemos a gran sorte de volver á miña vila, a Ramallosa, para pescudar, nesta ocasión, pola outra punta da praia da Ladeira.
Nesta saída gocei moitísimo. Coido foi máis divertida ca anterior e houbo tempo de lecer abondo.
Asemade, na cortona observamos moitos seres vivos, que nin sequera sabiamos existían tan preto de nós. O que máis me chamou a atención foron as mámoas de area limpa que botaron moitos anélidos tras alimentarse de area sucia. Tamén ollei abraiada a posta de ovos das arenícolas mariñas. Ademais descubrín, grazas á nosa mestra, que as cremas solares que nos venden nas farmacias e nos supermercados, que nos protexen dos raios ultravioletas do sol, poden, nalgúns casos, ser algo daniños para a nosa pel, ata o punto de que algúns compoñentes poden chegar a ser canceríxenos.
O mellor da excursión, sen dúbida, foi a merenda, e que nos deixasen bañar na praia, xa que non son moitas as ocasións que teño para facelo cos meus compañeiros e máis amigos.
Tamén me encantaron as actividades e xogos que realizamos en grupo e en parellas. Por exemplo cando tivemos que dirixir á nosa compañeira ou cando preparamos adiviñanzas que despois puxemos en común.
O que menos me chistou foi o olor a marea baixa; foi un pouquiño desagradábel.
Sen dúbida esta foi a saída que máis me gustou e, aínda que coma as outras fixóseme curta , gardo moitísimos recordos marabillosos. De certo podo afirmar que moitas veces menos é máis.