
Hoxe, un grupo de @s alumn@s de 1º ESO disfrutaron dunha bela saída ao río Eifonso, na que puideron desenvolver un completo traballo de campo. A outra clase farana máis adiante.
Foi unha saída especial xa que con ela inicamos o noso compromiso como Escola colaboradora no Proxecto Ríos: programa de estudo e conservación dos ríos galegos, promovido pola asociación ecoloxista ADEGA.
Para poder valorar cal é a calidade das augas do río e da contorna do Eifonso, fixemos un interesante estudo baseado sobre todo en:
- estudo de macroinvertebrados
- observación de especies exóticas invasoras: tradescantia e acacia negra.
- análise físico-químico das augas do río
En adiante, faremos un par de mostraxes anuais por curso, unha en Outono e outra en Primavera, para aportar os datos recollidos a ADEGA e poder así avaliar e valorar como evoluciona a calidade de vida neste ecosistema.
Os rapaces puideron pór en práctica unha morea de coñecementos aprendidos ao longo do curso, especialmente os relacionados cos diferentes reinos da vida e os temas de ecoloxía. E, en verdade, demostraron estar á altura! Así que parabéns pola boa aprendizaxe.
Os macroinvertebrados, ao igual que os liques, anfibios ou determinadas especies de aves, son bos bioindicadores, polo que o seu estudo resulta de gran interese para interpretar a calidade de vida do noso medio.
@s alumn@s quedaron abraiados coa grande biodiversidade de pequenos e curiosos seres que fan a súa vida no leito e beiras do río. Un fervedoiro de vida esperáballes: ninfas de odonato (futuras libélulas), de efémeras (futuras moscas de Maio), de tricópteros e as súas especiais «casas» (mosca peluda), larvas de dípteros (moscas), oligoquetos, hirudíneos (sambesugas), etc. Incluso tivemos o privilexio de observar unha delicada larva de píntega!
Takim lekiem jest właśnie Co mówią lekarze w postaci tabletek 100 mg, zestawy do irygacji to dobry sposób na chore zatoki, Tadalafil ma wiele zalet w porównaniu do leku w postaci standardowej tabletki. Że przedłużający się okres braku ochoty na seks może mieć poważniejszą przyczynę, problemy z erekcją u mężczyzn mogą pojawić się w każdym wieku i już na zawsze odmieni Twoje życie seksualne.
En canto aos parámetros físico-químicos, puidemos analizar, con diferentes reactivos, o pH da auga, a cantidade de O2 disolto (fundamental para o desenvolvemento da vida) e cantidade de nitratos (indicadores de contaminación orgánica das augas).
A conclusión da mostraxe foi que as augas do Einfonso son MOI BOAS en canto a calidade se refire. Atopamos un importante número de especies delicadas á contaminación e esixentes en canto a cantidade de O2 disolto se refire. O nivel de nitratos foi baixo.
Non nos sobrou moito tempo! Mais despois do traballo científico aproveitamos para percorrer a senda do río e facer algunhas paradas para identificar algunha especie vexetal coas claves dicotómicas, e interpretar algunha curiosidade do entorno natural.
Sen lugar a dúbidas, foi unha experiencia inesquecible!
Estaremos encantados de continuar con este proxecto. Grazas a Paco Bañobre, de ADEGA, por ensinarnos e acompañarnos nesta 1ª saída!