
As patrullas verdes, integradas por nenas e nenos de 6º de primaria e 2º da ESO, son unha iniciativa voluntaria que naceu para encher un espazo que consideramos moi necesario na nosa escola. Precisamos fomentar a creatividade do noso alumnado, a súa inquedanza, as ganas de aprender, de traballar en equipo e tamén de poder transmitir que unha boa parte das problematicas ás que nos enfrontamos cada día son responsabilidade colectiva e por tanto a súa transformación depende de todas e todos nós.
Os grupos de 5º de primaria tivemos a sorte de presenciar unha excelente exposición a cargo da patrulla verde encargada de concienciar sobre a problemática dos plásticos. (2º da ESO)
Con esta interesante charla demos por concluído o traballo de medio ambiente de Natural Science do curso 2014/2015, pero tamén serviu para tratar un tema moi importante na última sesión da materia de Valores Sociais.
A patrulla verde de 2º da ESO fixo a súa parte e sen dúbida deixou o listón moi alto. Agora ficamos á espera das non menos boas aportacións de 5º de primaria sobre a experiencia; o que máis vos impresionou, o que vos pareceu mais curioso, o que considerades mais importante… Comentade!
Parabéns de novo polo bo traballo, o entusiasmo e o compromiso que amosades sempre coa educación ambiental. O próximo curso máis e mellor.
Longa vida ás patrullas verdes!
Galería E. Curie:
Galería Maria Montessori: