Química
Saída a SOTAVENTO: enerxías renovables!
Vai un par de semanas @s alumn@s de 2º ESO realizaron unha saída ao parque eólico experimental SOTAVENTO (entre as provincias de A Coruña e Lugo), co obxectivo de reforzar e experimentar de cerca cuestións relacionadas co relevante tema da enerxía.
Nas instalacións do parque puidemos acceder a diversas aprendizaxes: situación actual respecto ao emprego de fontes de enerxías renovables e non renovables, finalidade do parque experimental, estrutura e funcionamento dos aeroxeradores, e sobre todo, cuestións de eficiencia e aforro enerxético, moi importantes hoxe en día.
A visita á vivenda bioclimática foi un punto moi importante, e non deixou a ninguén indiferente, ao ser un gran recurso que nos permitiu tratar unha morea de aprendizaxes. Pero sobre todo serviunos para recordarnos o importante e sinxelo que en verdade é “facer as cousas con cabeza”, tal e como xa facían os nosos devanceiros: aplicar a lei do sentido común para crear fogares cómodos e eficaces, minimizando ao tempo o seu impacto ambiental.
Cun pouco de preocupación, sensatez e bo facer podemos construír vivendas confortables, respectuosas co entorno e co comercio local, e combatentes do despilafarro enerxético.
Temos que ser conscientes da orixe e esgotamento dos nosos recursos, incluídos os enerxéticos, e tentar facer un uso racional deles posto que, inda hoxe en día, a obtención da nosa electricidade ten un “custo ambiental” importante para o planeta.
Coma xa sabemos, é moi importante o que cada un de nós fai de xeito individual: a suma de pequenos xestos pode provocar un grande cambio.
Así que compartamos impresións e aprendizaxes adquiridas!:
A) Aporta unha listaxe cos 4 datos que máis te impresionaron ou resultaron relevantes en canto ao consumo de enerxía se refire.
B) Que aprendizaxe, sobre aforro e eficiencia enerxética, resaltarías da visita á vivenda bioclimática?
C) Pasamos á acción! Reflexiona sobre o consumo enerxético que fas no teu día a día: cres que poderías melloralo/minimizalo? En que modo?
D) En xeral, que te pareceu a visita? Valora do 1 ao 10 e argumenta a túa resposta.
Xabón reciclado feito na escola para lavar os mandilóns!
Na escola seguimos facendo equipo! Este curso colaboramos @s alumn@s da ESO e Infantil nunha bonita actividade.
Como tódolos cursos, @s alumn@s de 2º ESO reciclaron aceite utilizado no comedor da escola para elaborar xabón caseiro. Unha boa, e útil, práctica que lles permite dar unha 2ª vida a un residuo de complicadas repercusións no medio natural.
Esta vez empregamos esencia de coco e de sándalo.
O xabón que nos sobra é empregado pol@s alumn@s de 3º de Infantil, que o último día de escola van ao lavadoiro de Bembrive a lavar o seu mandilón. Este é un grande momento para eles que, entre outras cousas, simboliza o paso a unha nova etapa… Primaria espéralles!
Antes de finalizar o curso fumos convidad@s a Infantil para facerlles entrega, a cada un deles, dunha pastilla de xabón, sobrantes o curso pasado. Para tal día, os da ESO preparamos unhas etiquetas coa receita empregada para facer o xabón caseiro.
Foi un gran momento que peques e non tan peques gozaron!
Vendima 2015
No Outono, despois de medraren durante todo o verano, é cando se recollen as uvas, ou para comer ou para facer zume (e despois se cadra, viño) .
Fomos invitados a vendimar nas adegas La Val, onde recollemos uvas da variedade albariño.
Dividímonos en tres grupos con cadansúas caixas.
Despois levámolas a pesar e entre todos conseguimos 28 Kg.
Logo se botan nunha máquina ( tolva ) que as leva por unha cinta e as esmaga, e así se obtén o zume de uva ( mosto ) que xa se pode beber ou mesmo embotellar.
Ou por unhas mangueiras vai cara uns toneis onde o zucre das uvas se transforma en alcol e así o mosto pasa a ser viño. Despois xa toca metelo en botellas, poñer un corcho e vestir (etiquetar) a botella
Nos decidimos experimentar e deixamos unha botella con mosto no patio do cole toda a fin de semana. Ao chegar o luns e durante varios días fomos ulindo como cambiara o cheiro, e como se formaran burbullas na superficie.
E despois tocou experimentar como:
- meter o mosto dentro das botellas, descubrindo que o máis cómodo era usar un funil.
- Tratar de introducir o corcho dentro da botella, aprendendo que o máis sinxelo e empregar unha máquina a modo de palanca.
- E por último etiquetar, e así vestir a botella anunciando que dentro hai zume de uva.
Reportaxe: reciclamos o aceite da Escola e facemos XABÓN!
Na festa da Escola, xa moitos puidéstedes escoitar, da boca d@s propi@s alumn@s de 2º ESO, como temos que facer para elaborar un bo xabón de xeito artesanal.
Ademais de reciclar o aceite usado da Escola, residuo de difícil tratamento e negativa repercusión no medio natural, apredimos algunhas cuestións básicas sobre química (como acontece a reacción de saponificación, importancia do pH, etc).
O proceso foi laborioso pero pagou a pena! Realizamos a actividade en 4 quendas, entre os meses de Abril e Maio, e un mes despois xa temos o xabón curado (reacción de saponificación finalizada). Só nos queda medir o pH, mais de seguro obtemos un bo resultado: mirade que bo aspecto ten o xabón e que ben o fixeron os nosos rapaces.
A pila de Volta, 1800
Tal día como hoxe, no 1745, nacía no norte de Italia Alessandro Giuseppe Antonio Anastasio Volta, o inventor da 1ª pila eléctrica. Velaí un pequeno audio sobre a súa historia:
http://www.rtve.es/alacarta/live_audio_PopUp.shtml?idAudio=1106339&lang=es&v=0.75
Pila de Volta

Volta presentando o seu traballo a Napoleón
Obradoiro científico «Ciencia ou Ficción?»
Hoxe asistimos cos alumn@s de 2º ESO a este obradoiro da Fundación Barrié de la Maza, no que analizamos, ao través das escenas de diferentes películas, erros de carácter científico .
Existen as bruxas e o mal de ollo? Poderiamos ser invadidos ou atacados por animais xigantes?…

xa saíu o novo número da Faísca da ciencia
Experimentando con dinosaurios
Durante dúas semanas os alumnos/as de 5 anos tiveron a oportunidade de aprender sobre os dinosaurios. 100% en Inglés. Sigue leyendo
BENVID@S
Benvid@s tod@s ao Blog de Ciencias da Escola!
Estreamos co ano este novo espazo xerado para compartir as nosas experiencias e inquietudes científicas. Está feito para Ti, así que esperamos que disfrutes desta nova andaina virtual. Comezamos!