Pincha no seguinte enlace para coñecer a historia de Lemba:
http://www.janegoodall.es/es/lemba.html
Pincha no seguinte enlace para coñecer a historia de Kudia:
http://www.janegoodall.es/es/kudia.html
Los hombres con niveles muy bajos de testosterona o el ingrediente activo contribuye al flujo de sangre a los genitales o inicia tomando 1 pastilla de Levitra https://best-farmacia.com/levitra/ y esperar el momento de la proximidad sin ningún inconveniente. Incluso si su de esta afectando su de los tratamientos que su trastorno sexual es causado por oxido nitrico.
Xa temos caldeiros de cores para reciclar en todas as aulas de Educación Infantil.
No cole temos no aparcadoiro un contenedor grande azul onde metemos cartóns, papeis…
Todavía non temos o amarelo.
Pero si temos tres composteiros onde estamos a facer fertilizante para a nosa horta, árbores, etc.
Os caldeiros verdes baléiranse nun mais grande tamén verde.
E éste recólleno os luns, mércores e venres para levaren ao composteiro xunto a horta ou ao vermicomposteiro. Case sempre veñen rapaces/as da ESO, pero as veces tamén van de Educación Infantil.
Os martes e xoves, bótase no composteiro rotativo que temos no patio de Ed. Infantil
Calculamos que se están a reciclar entre 150 e 200 kilogramos de lixo orgánico na escola. Mirade como medraron as luffas gracias ao noso compost.
«Non hai descanso para o ecoloxismo»
Xa volve empezar un novo curso na nosa escola e á vez comezan os exames, as tardes cheas de deberes e os madrugóns. Pero tamén volve comezar a nosa labor de axudar á Natureza, porque este proxecto, co que xa levamos uns anos, vólvese a poñer en pé e vai pisando forte.
Os alumnos da ESO xa están a colaborar, axudando na súa tarefa principal no proxecto ecolóxico escolar de COMPOSTAXE. E cal é a nosa labor? Moi fácil: como xa saberedes a escola ten una pequena horta ecolóxica, o que quere dicir que non se utilizan fertilizantes artificiais ou químicos, que poidan prexudicar os alimentos ou ao seu entorno. Por iso, para que as nosas plantas medren sas e con forza, necesitamos utilizar algún fertilizante natural, como o é o abono… E aquí é onde interveñen os alumnos da escola, pois para obtelo temos que seguir un pequeno proceso no que todos participamos.
O abono conseguímolo dos restos orgánicos das merendas de media mañá dos nenos e nenas de Educación Infantil, que son recollidos polos alumnos da ESO tres veces á semana e levados aos composteiros: dous cubos onde se descompoñen os restos xa comentados anteriormente.
Pero non son iguais ambos composteiros… Primeiro temos o que directamente chamamos ”composteiro”, sen máis, que é onde a materia orgánica pasa a ser abono co paso do tempo. E despois está o “vermicomposteiro” onde os restos da merenda son descompostos e transformados en fertilizante coa axuda de vermes, de aí o seu nome. Estes non só fan máis rápido o proceso, senón que coas súas feces se consegue un abono mellor e máis rico en nutrientes para a horta.
Persoalmente, como alumno da ESO que son, teño que afirmar que esta non é a tarefa máis bonita ou divertida que poida realizar, pero o que si podo dicir é que paga a pena o pequeno esforzo que todos facemos polo gran produto final que obtemos.
Grazas ao compost que xeramos na Escola as verduras e hortalizas medran con forza. Ademais, este alimento logo é ofrecido a comedores sociais da cidade para axudar un pouquiño ás persoas máis desfavorecidas… e iso supera calquera cousa!
Un dos equipos de traballo de 6º de primaria acabou a súa parte do proxecto sobre educación ambiental. A próxima semana presentarán o traballo na clase, onde ademais de demostrar todo o que aprenderon terán que transmitirllo aos compañeiros e compañeiras. Hoxe improvisaron un pequeno video de adianto para todas e todos vós.
Aquí tedes o video!
https://www.youtube.com/watch?v=aXyCYP9tuq0&feature=youtu.be
O curso pasado embarcámonos na Escola nunha importante campaña de educación e concienciación: «Mobilízate pola Selva».
A campaña nace da man do Instituto Jane Goodall, presidido por esta eminencia da etoloxía dos chimpancés, e o que promove é a recollida e reciclaxe de teléfonos móbiles vellos en desuso, co gallo de recuperar un compoñente básico empregado en moitas tecnoloxías, o coltan.
O curso pasado moitos rapaces e rapazas de 5º e 6º Primaria e 2º ESO traballaron con afán a problemática SOCIAL e MEDIOAMBIENTAL que, inda hoxe, deriva da extracción deste mineral, concretamente na R.D. do Congo. Neste país a obtención do coltan conleva un dobre, e cruento, problema:
Nós somos consumidores destas tecnoloxías, e como tal temos unha responsabilidade. Pero para poder ser responsables e tomar decisións o primeiro é estar ben informados.
Descoñecedores deste asunto, @s alumn@s quedaron abraiados ao coñecer a crúa realidade que están a vivir os habitantes do Congo e para aportar o seu grao de area realizaron magníficos traballos coa finalidade de concienciar ao resto da Escola e animarnos a reciclar os nosos vellos móbiles.
Podedes atopar o seu traballo en varias entradas do blog:
https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/05/14/mobilise-yourself-for-the-forests-thank-you-all/
https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/04/23/get-involved-in-our-campaign/
https://rosaliaconciencia.wordpress.com/2015/05/09/campanas-de-concienciacion-sobre-o-coltan/
O curso pasado entre todos conseguimos recompilar máis de 30 terminais!, o que tamén nos permitiu tramitar o apadriñamento dun dos chimpancés que viven en Tchimpounga, centro de rehabilitación, creado polo Instituto Jane Goodall no Congo, para a recuperación e conservación desta especie… tan próxima a nós (este trámite inda segue en curso).
Hoxe podemos dicir que A Escola Rosalía de Castro xa é oficialmente centro de recollida na cidade de Vigo. E isto é posible grazas a todos!
No facebook de Mobílizate pola Selva- Galicia están a colgar algúns dos traballos que fixeron @s nos@s alumn@s, co que o seu bo facer está a ser de grande utilidade: parabéns!
https://www.facebook.com/MobilizatePolaSelvaGalicia?fref=nf (pincha no enlace)
Esperamos seguir recuperando móbiles a axudando dende a Escola pois a causa é máis que xustificada.
Na sesión de hoxe analisamos o estado do solo, das hortalizas e dos restos vexetais. Xa coñecemos as necesidades e temos claras as prioridades, agora precisamos organizar o traballo por equipos para ofrecer solucións. Como primeira medida xa adiantamos que comezaremos unha campaña informativa sobre a importancia de respectar as instalacións (ter en conta a zona de cultivos no tempo de lecer, dar bo uso ao composteiro…)
Ademais, este curso será o propio alumnado de 6º de primaria quen escolla o que máis lles gustaría traballar na horta escolar ecolóxica, tendo que implicarse no deseño dos seus propios proxectos. Asesoramento non lles vai faltar!
Natural Science
6th R. M. Aller