Galerías
Transplanting oak trees II – 5th Grade Esposos Curie group 2
It’s gardening time! – 5th Grade
Starting our Vertical Garden – 5th E. Curie (group 2)
«Out to Sea»… ou a viaxe dos plásticos
Que estamos a facer os seres humanos? E sobre todo, até cando?…
Viaxemos por exemplo da man do fotógrafo Chris Jordan á illa de Midway, un suposto paraíso no medio do océano Pacífico, colonia de cría do albatros:
http://www.youtube.com/watch?v=ozBE-ZPw18c
Por desgraza, isto non é máis que unha pequena mostra dunha preocupante realidade.
O medio, do que formamos parte, estase a converter nun inmenso vertedoiro debido, en grande medida, simplemente á falta de preocupación que temos á hora de consumir, ou ben, de xestionar os nosos residuos. Cun pouco de xenerosidade, respecto pola vida e consciencia podemos cambiar estes malos hábitos. Fixádevos o que tardan algúns dos nosos residuos en desaparecer do medio mariño:
Obradoiro científico «Ciencia ou Ficción?»
Hoxe asistimos cos alumn@s de 2º ESO a este obradoiro da Fundación Barrié de la Maza, no que analizamos, ao través das escenas de diferentes películas, erros de carácter científico .
Existen as bruxas e o mal de ollo? Poderiamos ser invadidos ou atacados por animais xigantes?…